Menudo show que nos ofreceron os DEAD WOOD o sábado pasado! Estabades máis que avisados de que non vos perderades o seu estreno, e vaia se cumpriron com este novo formato.
O Sheriff Lorre e Breo Gun chegaron para presentarnos a súa nova banda, nesta ocasión coa colaboración do showman Mr. Bam Bam nas percusións, cunha boa morea de temas propios, versións de clasicazos de blues e country, e as adaptacións de outras máis bizarras dende Dogs D'Amour ou Judas Priest ata Fuxan os Ventos. E por suposto tampouco podía faltar un (auto)homenaxe a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre.
Unha noite ben especial para inaugurar os directos do Rif-Rock neste 2015, e para confirmar que se quedarán unha boa tempada como banda residente, así que teredes moitas máis ocasións para velos de novo.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e sobre a estes pedazo de artistas pola súa fidelidade. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas entregas!!.
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3- pt 4) ou todo seguido en lista de reprodución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario