O certame Pintao de Rock promovido polo IES Ramón Cabanillas para bandas de estudantes de secundaria da comarca chega ó seu fin. O premio: a gravación dun ep de 4 temas e actuar en directo durante as festas do Albariño. Este venres (10 de abril) no Salon José Peña dende as 20:30h decídese todo en público. Os finalistas do certame son: Cabina 402, Killing Floor, Sofá Ambulante e Cuarta Cejilla, ademáis remate de festa co directo de Booty Sweat (banda viguesa do cambadés Jorge Arenaz).
+ info no blog do proxecto Pintao de Rock.
No hay comentarios:
Publicar un comentario