Esto de que The Sonics publiquen novo álbum non nos gusta nada, pero aquí está, case 50 anos despois do seu último traballo coa formación orixinal.
O legado dos Sonics xa foi bastante maltratada no seu momento cando Jerden Records exprimeu a marca sen os seus compoñentes, e agora, despois de varios anos de xira de reunión, volveron ó estudio para grabar novos temas e lanzar novo álbum. No 2011 xa publicaran o Ep titulado "8", totalmente innecesario, e que por sorte pasou bastante desapercibido, e o ano pasado lanzaron o split compartido cos Mudhoney no que aportaban o tema 'Bad Betty' que era o adianto deste próximo "This is The Sonics", aínda que a versión que inclúen agora xa é outra. En realidade todo o álbum sona como aquel tributo que montaron The New Strychnines no 2004, un supergrupo con membros de Mundhoney, Monkeywrench e os Young Fresh Fellows e que foron os principais promotores da reunión da banda orixinal. Agora neste "This is the Sonics" participan tres dos membros orixinais, Jerry Roslie, Larry Papyra e Rob Lind, xunto co xa habitual Freddie Dennis no baixo, e Dusty Watson na batería.
O resultado alomenos é bastante digno, e moi divertido, pero non podemos abstraernos da súa historia. A maioría dos temas son versións de standards de rhythm'n'blues coma o 'I don't need no doctor' de Ray Charles, o 'You can't judge a book by the cover' de Bo Diddley, o clásicazo da Motown 'Leaving Here' de Eddie Holland, as versións macarras do 'The Hard Way' dos Kinks e do 'Sugaree' de Marty Robbins, ou máis recentes coma o 'Be a Woman' dos Persian Rugs. Logo as orixinais xa teñen moita menos chispa: 'Bad Betty', 'Save the Planet', e a versión de si mesmos 'Livin' in Chaos'.
Grabado en mono coa producción de Jim Diamond, o sonido nin me convence nin lle fai xustiza á súa lenda (semella máis inspirados nos New Strychnines que nos propios Sonics), pero é o que hai. Divertido un rato, pero seguro que nos olvidamos del bastante rápido. Eso sí, o mérito destes mitos vivintes non se pode negar, enerxía e gañas de sobra!!! Pero xa me diredes que vos parece...

THE SONICS "This is the Sonics"
(ReVox, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario