Este sí que é un dos álbumes que levabamos agardando moito tempo.
Xa vos recomendamos máis veces álbumes de Curtis Knight, un dos grandes mentores de Hendrix dende que o incorporou á súa banda, The Squires, aínda que pouco a pouco a súa presencia foi convertindo en algo máis intermitente, xusto antes de dar o paso de mudarse ó swinging London para forma-la Jimi Hendrix Experience.
Este "You Can't Use my Name" recolle as últimas sesións grabadas con Hendrix entre o 65 e comezos do 67, e o seu título ven dunha conversa, que está grabada e incluída neste álbum, no que Hendrix advirte ó productor Ed Chalpin que xa non pode emprega-los seu nome na edición dese material posto que xa había problemas legais entre ambos. De feito Chalpin vendeu todo ese material modificado a disqueiras menores que durante anos as publicaron como álbumes inéditos de Hendrix saturando as guitarras e con pésima calidade, cando en realidade eran temas de Curtis Knight (o primeiro deles xa en 1967, titulado "Get that Feeling" e lanzado como de Jimi Hendrix & Curtis Knight no que saía Hendrix na portada, nunha foto do festival de Monterrey dese ano xa coa súa nova banda, e nin rastro de Knight). Durante décadas todo esto estivo de pleito en pleito coa familia de Hendrix, ata que ó fin se fixeron cos dereitos. O material orixinal estaba moi dañado, pero ahí entra o mítico productor Eddie Kramer para recuperalo no posible. E aquí están estas sesións, 13 temas ademáis da advertencia de Hendrix: 'How do you feel', 'Gotta Have a New Dress', 'No Such Animal'... puro espectáculo con esa mestura de rhynthm'n'blues psychodelico, que adiantaba a bestialidade dos álbumes posteriores de Curtis Knight, e o son característico de Hendrix. Unha auténtica xoia!!
CURTIS KNIGHT & THE SQUIRES
"You Can't Use My Name, The RSVP-PPX Sessions (feat. Hendrix)"
(Legacy Recordings, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario