sábado, 10 de septiembre de 2011

"Bad as me" o novo traballo de Tom Waits


O próximo mes (o 25 de outubro) publícase un novo álbum de Tom Waits, con este creo que serán xa 25 álbumes de estudio, titúlase "Bad as Me" e como é habitual nesta última etapa sairá baixo o selo Anti Records. Había xa 7 anos que Waits non publicaba un álbum con material novo, dende "Real Gone", xa que "Orphans: Brawlers, Bawlers and Bastards" (Anti, 2006) era unha colección de vellos temas non publicados e outros grabados novamente. Agardámolo con impaciencia, a ver que sae, polo momento temos o single de presentación, que da título ó álbum, e non pinta nada mal... Seguide toda a info na súa web.



E aquí tedes ó propio Tom Waits presentándonolo a súa maneira...


No hay comentarios: