jueves, 15 de septiembre de 2011

"Slovenly Records. Sampler 2010"

Tremendo regalazo que me acaban de enviar... menos mal que teño bos amigos, porque sempre se me pasan estas cousas. Slovenly Recordings sacou a comezos de ano un sampler con todo o mellor do seu material publicado ó longo do 2010, e totalmente de balde na súa web: "Sampler 2010". Ahí estan os Black Lips, o gran Billy Childish & The Musicians of the British Empire, os Subsonics, The Masonics, bandas españolas coma os nosos queridos Wau y los Arrrghs!!!, os Hollywood Sinners, ou The Rippers, os mexicanos Los Explosivos, e outros moitos imprescindibles coma The Insomniacs, os Wildebeests, ou os Reigning Sound... así ata 44 temas!! todos mesturados por Dj Pete Slovenly, e ademáis unha nova edición con 11 cortes máis de bonus tracks!!! Non o deixedes pasar!!

va "Slovenly Recordings Sampler 2010 (+bonus)"
(Slovenly Recs, 2010)


Descargádeo todo en http://www.slovenly.com/mp3s/ , deixa o teu email, e recibirás os dous enlaces para descargar o Sampler 2010, e o álbum cos bonus tracks... de gratis total, aproveitade mentres está dispoñible!



No hay comentarios: