martes, 3 de enero de 2012

RifRocKerZ: tóda-las sesións do 2011

Comezámo-lo repaso do 2011 coas sesións dos RifRocKerZ! alomenos das que deixaron arquivos que descargar, aquí as tedes todas por se vos quedou algunha atrás, son máis de 30, ademáis das que houbo e non deixaron recopilatorio de recordo. Que eu me lembre agora Bibliotecario Ye-Yé (2 de xullo), Dj Mini (3 de agosto), algunha más de Psychedelic Munstaphá, ou as aparicións fugaces de Paco Charlín pola cabina...
Ahí van, que as desfrutedes:

Mia Wallas [aka Marinocha] (1 xaneiro 2011)
A tradición de hai varios di que a primeira sesión de cada ano na cabina do Rif-Rock sexa para Marinocha e Jomitallas (igual que será neste 2012 o próximo sábado 7 de Xaneiro), e no 2011 foi máis cedo imposible. Alí se plantaron o mesmo dia de anonovo coas súas resacas e con tódo-los bártulos para estrear o ano. 
Esta foi a selección que nos deixou Mia Wallas:

Kurco Vs Munstaphá (8 xaneiro 2011)
Outra tradición aínda máis vella é a sesión de Kurco e Munstaphá, na que nunha noite destripamos todo-los singles, álbumes e bandas que máis nos gustaron ó longo do ano anterior. Foi a sesión Singles2010  repasando un ano que deu para moito.
Daquela noite fixemos unhas boas recopilacións, a selección de Munstaphá en dous volumes con 50 temas, e a de Kurco SoundSystem en tres con máis de 70!!! Descarga Munstaphá Vol.1 e Vol.2, Kurco Vol.1, Vol.2 Vol.3.

Munstaphá "Falsenite" (25 febreiro 2011)
As sesións adicadas ás versións son tamén outro clásico da nosa cabina. Hai moitos anos comezou Xaco Domin a face-las súas sesións de 'covers' (creo que xa alá polo 2003) e logo compartindo cabina con Munstaphá, e despois de varios anos sen facelas recuperamos a idea reconvertida en Falsenite, con moito máis que música nunha noite na que todo era moi distinto ó que parecía.

IncomodeiDJ (19 marzo 2011)
O 19 de marzo foi unha noite moi especial, sobre todo por que Isidro sempre fora protagonista no Rif-Rock como músico, ben con El Bosque Ambulante, Dervinthef Giróvagos, Incomodo, Partículas Inestables, etc... pero nunca se pasara pola nosa cabina para ofrecernos unha sesión, que finalmente se convertiu nun show interactivo co público. Deixounos unha selección xigantesta con máis de 70 temas: Hit, Hity, Hit... Kick!!! 

Nippon-A-Go-Gó!! (25 marzo 2011)
Esta foi unha sesión un tanto accidentada. En realidade estaba programada para mediados de febreiro, pero por cadrar datas para outros convidados á nosa cabina houbo que retrasala a comezos de marzo, e ahí foi xusto cando se produxo no Xapón a cadena de desastres terremoto-tsunami-crise nuclear... e como houbo algún sensible que se queixou (aínda non sei nin porque lle fixen caso) o tema quedou para finais de mes. O certo é que quedou espectacular, moi divertida e incluso didáctica o repaso a tódo-los clásicos do rock xaponés (nesta parte seguindo a modo de manual o volume de Julian Cope 'Japrocksampler') e a tóda-las frikalladas punk, garage, pop e ruidismo lo-fi  dos últimos anos. Nippon-a-Go-Gó!. [descarga].

Proxecto Djokovic (8 abril 2011)
No mes de abril comezábamos co debut dunha habitual do local, que nunca tomara os mandos das nosa cabina. Noa transformouse no Proxecto Djokovic para deixarnos unha fermosa sesión de pop coidadoso, rock jazz, bossa, e moita fusión  electrónica programada ata o milísegundo.



My Deaf Vs. Kurco (16 abril 2011)
En abril volveu Kurco Soundsystem, e desta vez acompañado por outro que debutaba ós mandos da cabina do Rif-Rock, Victor Karallada tan acostumado a actuar en directo no local (Fungo, The Even Flow Experience, Undertown Project...) converteuse en My Deaf para repasar entre ambos os seus temas preferidos da década dos 90, case nada... en "90's Orthodontics" volveron á súa adolescencia, e de ahí saíron ata 7 volumes dunha selección enciclopédica feita por Kurco: 90's Orthodontics.
Vol.1 | Vol.2 | Vol.3 | Vol.4 | Vol.5 | Vol.6 | Vol.7

Psychedelic Munstaphá (13 maio 2011)
Xa sabedes da nosa debilidade polos sonidos dos 60's e a miudo protagonizan as nosas noites por completo, pero estas son desas sesións sixties por excelencia, que tras varios meses volvían ó local co quinto volume de Psychedelic Munstaphá. Sicodelia sen concesións e o que é ainda máis importante, sen límite de tempo cos temas. Nesta ocasión estivo intercalada con moita cultura de clube...

Afrobeat & Voodoo Rhythm (10 xuño 2011)
Case un ano despois volvían as sesions africanas ó Rif-Rock. Desta vez centrouse no highlife e no afrobeat de Nixeria, Ghana, Senegal e Camerún e algún experimento eclecticista, para rematar coma sempre cos superclase de Etiopía. 
Neste 2012 non haberá que esperar moito para facer un terceiro volume.



Kurco SoundSystem (25 xuño 2011)
Para rematar coas actividades de xuño e da tempada antes de toda a programación do 12º Aniversario, volveu pola nosa cabina Kurco, que transformou o seu habitual SoundSystem polo bizarro SpockSystem deixándose levar por aquelo de <> co que fixemos lema das eleccións municipais.


Kurco "SpockSystem"
[descarga]


Marinocha, Cacatone, Comomepos e Kurco (xullo 2011)
Durante a programación do noso 12º Aniversario, ademáis de concertos tamén tivemos ós nosos habituais na cabina, e a Bibliotecario Ye-Yé que nos fixo unha estupenda sesión despois do concerto do propio día do aniversario, pero que non nos deixou recopilatorio. Por alí tivemos a Marinocha über alles o 8 de xullo, o 9 de xullo enfrontamos a cabina a Cacatone Vs Comomepos, e o 16 unha nova entrega de Kurco SoundSystem
[Marinocha - Cacatone - Comomepos - Kurco]


Sesión 12º Aniversario do Rif-Rock (xullo 2011)
E coma sempre o recopilatorio estrela de cada verán, o cd recopilatorio que regalamos cada ano polo noso aniversario, seleccionado e mesturado por Munstaphá en nome de tódo-los selectores do Rif-Rock. E tamén, coma sempre, para os que non estívéchedes para levar unha copia orixinal, tamén vos deixamos a oportunidade de descargalo, e que non vos podedes imaxinar o que costa decidirse para facela...
12º Aniversario Rif-Rock.
[descarga]


Kurco SoundSystem Returns! (17 setembro 2011)
Á volta das vacacións estivais, retornou Kurco unha vez máis á cabina do Rif, desta vez xa co seu habitual SoundSystem, un pouco macarra pero coa etiqueta de seu propio código de barras.



Kurco SoundSystem... volve!.
[descarga]




Comomepos (7 outubro 2011)
Tivemos que agardar ata outubro para a única sesión de Comomepos como solista na cabina do Rif-Rock. Nesta ocasión ofreceunos unha noite temática enfrontando os particulares universos de dous dos seus heroes: Mike Patton Vs. Les Claypool con tódo-los seus proxectos paralelos e amigos, que non é pouco... Primus, Frog Brigade, Mr.Bungle, Faith No More, Tomahawk, Fantômas, Nacked City, Lovage, Pepping Tom e un longo etc...

Monkey Sessions (11 e 30 outubro 2011)
En outubro tivemos dúas desas míticas i exclusivas Monkey Session, desas que facemos para catro monas que se achegan a desfrutalas nesas extrañas vésperas de festivos entre semana que abrimos. A primeira delas foi o 11 de outubro, o volumen 7 (dende que as facemos como tal) sen dúbida a máis pop de todas cantas temos feito, e o día 30 caeu o volumen 8, adicada íntegramente a temas e versións acústicas.
descarga Monkey Session Volume 7 e Volume 8.

Smoking Girls & MiniSkirts (15 outubro 2011)
En outubro repetimos sesión con Psychedelic Munstaphá, pero desta vez e por petición insistente de uns cantos, adicada á grupos e solistas femininas dos 60s. A sesión foi algo máis ampla, que en realidade se chamaba Shakin' Sixties: Smoking Girls, Fuzzy Artifacts & MINISKIRTS! pero a selección que fixemos a posteriori era íntegramente adicado ó asunto das minifaldas, con moito ye-yé...

Blacky Santórum (5 novembro 2011)
Tivemos que esperar a novembro pero como cada ano apareceu pola cabina do Rif-Rock o álter-ego máis subido de tono e máis calentorro... Blacky Santórum! pero por pasarse de chulito noutras ocasións desta vez algunhas das súas fans pediron a súa cabeza!!! de paso nós aproveitamos para repasa-los míticos exemplos dos 'bring me the head of...", e ó final saíu enteiro do asunto. 


Rif-Rock Series Vol.150 (novembro 2011)
Por unha vez e sen que sirva de precedente, publicamos un novo volume das nosas series recopilatorias de cada par de semanas, vamos, o que soa a diario no Rif-Rock. Moitos pediades que as comparamos todas na web, pero non daríamos feito tóda-las semanas. Desta vez deixámonos ir por ser un número tan significativo como é o volume 150... coma sempre moita actualidade e algunha rareza.


E para o final deixamos as sesións que se acabaron convertindo en series ó longo de todo o ano, a adicada á música negra, que por suposto seguirá, e a ob-sesión en serie da Vinganza de Charles Bronson, que dende o principio tiña data de caducidade:

Munstaphá "NiggerSoulFunk" serie...
En febreiro foi a primeira entrega do ano da serie de sesións NiggerSoulFunk, que durante moitos anos estivemos facendo, pero que non foi ata este 2011 cando comezamos a ordealas e a darlle unha identidade propia. 
primeira entrega foi en o 2 de febreiro primeira entrega, a segunda foi o 27 de maio adicada ós sons máis comprometidos co Panther Power, a terceira con sons aínda moito máis negros en Fuck'U Whiteys o 19 de agosto, e o 16 de decembro chegou a cuarta, a máis cool de todas Black Grooves!!


A Vinganza de Charles Bronson (abril - outubro)
Esta foi unha ob-sesión en serie de Munstaphá que se prolongou dende abril a outubro, con cinco entregas que realmente recuperaban unha caixa de discos esquecida no fondo dun armario, e na que ademáis estaban unhas cantas cintas vhs dun ciclo de Charles Bronson, todo o material das sesións estaba ahí, e de ahí saiu esta primeira serie The Charles Bronson's Revenge. As entregas foron a primeira o 15 de abril, a segunda con máis basura subversiva o 20 de maioa terceira foi o 17 de xuño, a cuarta foi a cecais a máis elaborada o 9 de setembro, e a vinganza final o 28 de outubro
[descarga Vol. 1 - Vol.2 - Vol.3 - Vol.4 - Vol.5]


No hay comentarios: