miércoles, 4 de enero de 2012

concertos do 2011

Este ano estivemos algo preguiceiros á hora de programar directos, sobre todo nos últimos anos sempre nos costa algo máis na primeira metade do ano, no 2010 dende o primeiro de xaneiro non houbo outro ata xuño, i este ano pasado non foi ata xullo que nos arrancamos coa música en directo. Houbo que agardar ata a programación do noso 12º Aniversario, pero logo xa collimos carrerilla coas Jazzerz Live Series... 
Pero neste 2012 prometemos que haberá continuidade eh???

RifRocKerZ BluesBand (2 de xullo)
Houbo que agardar ata xullo, pero ben pagou a pena. O primeiro concerto do ano foi o propio día que cumpriamos 12 anos, e alí estiveron a RifRocKerZ BluesBand para poñer o nivel. Coma sempre o Paco Charlín e Piti, desta vez acompañados por Karlos Abal á guitarra. Aquí tedes o concerto completo nunha lista de reproducción. Ademáis con este concerto inauguramos experimento, convertíndoo a audio para estrenar as Rif-Rock Live Series, que atoparedes para descargar nesta entrada. Si teño que escoller un tema quédome con esta improvisación funk pouco antes de que chegara a policía para mandarnos parar:



Partículas Inestables (16 de xuño)
Dúas semanas despois chegou o turno de Partículas Inestables (que por primeira vez na vida, Isidro e compañía repetían nome) para presentarnos o espectáculo Partículas Inestables Vs el Engendro Mecánico con montaxe audiovisual incluída. Outra vez un dos seus shows irrepetibles (aquí o tedes completo), no que desta vez ademáis de electrónica e punkarradas incluíu un par de temas soul:




Los Pies Mojados (29 de xullo)
A finais dese mes, e para cargar ben a pilas para a semana do Albariño, tivemos o esperado concerto de Los Pies Mojados, ou o que é o mesmo Nestor Pardo & Los Hermanos Lorre (ex- Loveless Cousins e ex-Los Hijos Bastardos de Peter Lorre). Nestor, Jorge e Martín, a metade dos The AllNight Workers convertíronse en Los Pies Mojados para deixarnos un dos mellores concertos do rock'n'roll que nós recordemos, con monólogo incluído entre tema e tema. Aquí o tedes completo en lista de reproducción, sinxelamente brutal: 



A Festa do Bigote (e Super R... 7 de agosto).
Logo chegou a semana do Albariño, que no Rif-Rock remata coa Festa do Bigote. Evidentemente non é música en directo, pero xa está a convertirse nun show aínda máis farandulero, con rockanroll stars, superheroes e complots...



Jazz Standards Workshop (19 de novembro)
Tra-lo verán agardamos ata novembro para poñer en marcha as Jazzerz Live Series, unha programación intermitente, tan ambigua como cómoda para nós... E para inaugurala ¿quen mellor que Paco Charlín? que desta vez se acompañou por Valentín Caamaño á guitarra e Alberto Rial ó baixo, organizados como Jazz Standards Workshop nos que debutabao Paco como baterista no Rif-Rock, iso sí, camuflado como Nilrahc Satrop, aínda que para a maioría pouco durou o despiste. O concerto completo aquí:




Trio Phil Jazz Group (17 de decembro)
En decembro continuamos coa serie Jazzerz, e cunha banda coa que xa nos tiñamos comprometido había tempo, Trio Phil Jazz Group, do cambadés Rubén Iglesias, xunto con Maneul Méndez e Noli Torres. Ofrecéronnos un concerto cheo de guiños o blues e ó rnb, moi rítmico e destacando en especial os seus propios temas e os covers de Coltrane e Hancock. Aquí tedes unha lista de reproducción con todo o que grabamos, de quedarme con unha, Equinox de Coltrane, bestial!!!




David Falcón (30 de decembro),
E para despedi-lo ano tivemos a pasada semana a David Falcón, que por fín debutaba en Cambados co seu recente proxecto como solista, aínda que estivo ben acompañado por Alberto, Kike e Kevi nalgúns temas, ofreceunos unha boa mostra dos seus propios temas e de covers do que máis lle gusta, coma Tim Buckley ou Neil Young. O resto do concerto en vías de subida... 




E isto foi todo do 2011, pero vos prometemos, como xa dixen arriba, que para este 2012 tentaremos darlle á música en directo a mesma continuidade que neste final de ano, e a ver se por fin podemos desfrutar de Los Chapuzones!!! 
Pero agora só vos falta escoller a vós cal foi o mellor... vós diredes!!!



No hay comentarios: