domingo, 15 de enero de 2012

polo dominio .gal

[roubado directamente de Cambados.tk


Durante estes días ábrese o prazo para que as diferentes organizacións interesadas presenten as súas solicitudes de dominios nada rede perante a institución encargada de concedelos, a ICANN. A idea é que Galiza conte cun dominio propio que agrupe aos contidos referentes á lingua e á cultura. Nestes momentos Catalunya xa goza dese dominio na rede desde hai cinco anos, no seu caso denominado “.cat”, que agrupa xa a 52.000 espazos.
A asociación Puntogal será a encargada de materializar esa solicitude, e tivo desde hai anos o apoio da Xunta (antes da bipartita e agora da do PP), dos tres partidos parlamentarios, e dunha multitude de institucións e asociacións galegas, como a Real Academia da Lingua, o Consello da Cultura, as tres Universidades do país… É un proxecto sen ánimo de lucro, e no momento que xere beneficios estes adicaranse á promoción da lingua e cultura galega nas novas tecnoloxías.
De ser aceptada a proposta pola ICANN, os dominios .gal poderán rexistrarse en 2013. Imaxinádesvos un Cambados.gal, ou Cambadostk.gal? Quizais pronto sexa posíbel! Ti podes dar o teu apoio asinando aquí ou empregando o hashtag #puntogalen Twitter. E se tes unha web ou blog podes inserir un banner de apoio.

No hay comentarios: