Con un pouco de retraso a causa de tantos días de festa, aquí tedes un pouco de material do último concerto do 2011, de DAVID FALCÓN, que nos fixo un filtro do que prefería que subíramos á rede. En total seis temas escollidos por el mesmo, catro orixinais e os covers de Neil Young e Airas, incluíndo as colaboracións con Alberto Chaves, Kike "El Hombre de Negro" Barreiro, e Kevi Aragunde. Algún día xa subiremos algunha peza máis sen o seu consentimento (jjj) por que o certo é que estivo moi ben, e pode quedar máis que satisfeito co gran éxito do seu debut en solitario na súa vila, que xa vos digo eu que non é nada fácil. E para nós por suposto foi todo un pracer!!!.
Polo demáis podedes segui-lo seu traballo no seu soundcloud, e agora tamén no seu ambicioso proxecto Pictures in Stereo que xa vos presentamos onte...
Polo demáis podedes segui-lo seu traballo no seu soundcloud, e agora tamén no seu ambicioso proxecto Pictures in Stereo que xa vos presentamos onte...
No hay comentarios:
Publicar un comentario