miércoles, 11 de enero de 2012

a mellor colección do 2011

Seguimos facendo de pequenos dictadores do noso mundo escollendo o mellor do ano, e do 2011, non escollimos ningunha portada que nos parecese moito mellor que outras moitas, así que se queda deserto, pero sí recuperamos o do 'mellor recopilatorio do ano', que desta vez vai para...

 Jazz: The Smithsonian Anthology
(Smithsonian Folkways, 2011)


En realidade é unha actualización da súa colección. Supoño que vos soará o do Smithsonian Institution, que é un centro de investigación con unha rede de museos, arquivos e laboratorios financiado polo goberno dos USA donde pretender preservar e aunmenta-lo seu saber e bla bla bla... En 1973 o xornalista Martin Williams encargouse de organizar unha colección enciclopédica e didáctica sobre jazz, chamada "Smithsonian Collection of Classic Jazz" (Smithsonian Folkways, 1973), unha auténtica xoia, pero que cos anos quedouse obsoleta para tódo-los contidos dos seus fondos e máis unha vez ben definida a división entre jazz clásico e jazz moderno. Así a comezos do s.XXI a institución proxectou unha nova colección, cos mesmos obxectivos enciclopédicos e didácticos, encargada desta vez a un grupo de 47 especialistas, e sete anos despois este é o resultado: Jazz: The Smithsonian Anthology”, un box set con 6 cds, e un libro de máis de 200 páxinas, no que ademáis de guiarnos pola historia do jazz, ofrécenos unha explicación de cada un dos 111 cortes que se inclúen nos compactos, dende a década de 1920 ata o século XXI. Seguramente a mellor colección editada no 2011.


No hay comentarios: