A finais do ano saíu o novo álbum da banda máis clásica da GZ Canibal, os compostelanos SAMESUGAS seguen a ser os abandeirados da independencia musical nesta esquina do mundo, todo un exemplo a seguir para todas esas novas bandas, e un modelo de autoxestión dende o seu selo Lixo Urbano. E semella que cada vez aínda máis activos. "They are Out There" é unha nova colección de 13 trallazos de garage-rock-punk-powerpop-hardcore e tóda-las combinacións posibles que se vos ocurran. Son 12 temas propios 100% Samesugas e o 'Tóxico Injecta' que é unha adaptación do poema de Lois Pereiro Corporal (Je táime). Dende finais de ano o tiñades dispoñible, pero foi nestas primeiras semanas do 2012 cando se comezou a distribuir polas tendas e bares... Podedes facervos con el no seu bandcamp, donde podedes escoitar 7 dos 13 temas, pero sobre todo non deixedes pasa-la oportunidade de levarvos un orixinal á vosa casa: vinilo azul transparente que inclúe o exemplar en cd, por só 12€, irresistible!! a que esperades???
Samesugas "They are Out There"
(Lixo Urbano 2011)
facédevos con They are Out There no seu bandcamp.
No hay comentarios:
Publicar un comentario