miércoles, 11 de enero de 2012

Radio Birdman "Living Eyes"

O último clásico do ano pasado foi o Radios Appear de Radio Birdman, así que nada mellor que o primeiro deste sexa o seu segundo álbum, o Living Eyes, un álbum considerado maldito durante moitos anos, sinxelamente por que non se publicou ata tres anos despois da súa grabación cando a banda xa estaba disolta. O caso é que o éxito de Radio Birdman nos seus primeiros anos, a repercusión dos seus directos e a máis que favorable acollida dos seu debut fixo que inmediatamente se meteran no estudio para grabar os seus novos temas. Era 1978 e na curta vida de Radio Birdman xa se convertiran na banda máis influínte de Australia, e incluso moitos periodistas musicais anglosaxóns do outro hemisferio acudían a ás antípodas para coñecer de primeira man que había detrás da lenda dos homes paxaro. Pero incomprensiblemente ningunha compañía se interesaba por edita-lo seu novo traballo, así que a banda ofreceu uns concertos de despedida e Radio Birdman deixou de existir. Os seus membros se repartiron entre varias bandas que mantiñan o son orixinal de Radio Birdman: New Race, New Christs, The Hitmen, The Visitors e un longo etc... O álbum non foi publicado ata 1981, cando Warner se interesou por aquel incunable misterioso, ahí estaban 'I-94', 'Burn my eye' ou o 'Smith and Wesson Blues', e así a lenda de Radio Birdman seguiu crecendo...

RADIO BIRDMAN "Living Eyes"
(Radio Birdman 1978 / WEA, 1981)


faite con Living Eyes en Black Insect Laughter.


No hay comentarios: