Aquí vai un discazo dunha desas bandas ás que se lles presta pouca ou ningunha atanción, eu mesmo o tiña totalmente esquecido ata que o vin a semana pasada no blog OdioComicSans, así que fusilo a entrada directamente:
The Meters son unha das bandas máis importantes nos inicios do funk. Procedentes de New Orleans, o funk que eles practicaban e que mellorarían nos seguintes discos (Look-Ka Py Py!!!) era un pouco diferente dos coetáneos como Sly & The Family Stone (ós que lle fan un tributo instrumental con “Sing a simple song”). The Meters centrábanse, sendo maioritariamente instrumentais e tomando moitos elementos do sonido clásido de New Orleans, en ritmos máis complexos cun son máis traballado, que tomaba moitos elementos do sonido clásico New Orleans e que conseguiu influir a multitud de artistas tanto funk como doutros estilos. Pese a ter varios temas de certo éxito como “Cissy Strut”, non o alcanzaron nunca masivamente e a día de hoxe gardan un certo status de grupo de culto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario