jueves, 12 de enero de 2012

2011 na GZ Canibal (en 10 discos)

A pasada semana xa vos prometera que a selección dos mellores traballos do GZ Canibal 2011 ía ser moito máis interesante que calqueira escolla que se poida facer do resto das españas... E aquí está 10 discos que amosan o bó momento que atravesa Galicia a nivel musical, con tódo-los paus posibles representados, e máis que nos quedaron atrás... Pero estos son os nosos 10 do 2011!!! facédevos con eles como sexa...

10. PEDRITO DIABLO Y LOS CADAVERAS
"El Cuerno del Chivo"
(Green Cookie, 2011)
O disco de surf por excelencia do 2011 chega dende Pontevedra, nun proxecto que comezou unindo a Pedrito Diablo co dúa Die Cadaveras, para a bso de Calaveras y Diablitos (de Troula Animación) e seguiu crecendo ata o definitivo quinteto, que se deixa levar por Morricone, Dick Dale, The Shadows ou os Satan's Pilgrims, 100% instumental e inspirador.
faite con El Cuerno del Chivo.


9. DAS KAPITAL "Ruído Negro"
(A Regueifa, 2011)
O que comezou coma unha xuntanza de home-naxe a Lois Pereiro vía Radio Océano co tema 'Narcisismo' remata por consolidarse neste EP de "Ruído Negro" de 8 cortes (6 temas) no que o sexteto con voz de O'Leo (i Arremecaghoná) desgrana ás súas querencias por Einstürzende Neubauten, Nine Inch Nails ou Resentidos, rítmica impecable e unha factura electrónica post-todo, ademáis da mensaxe comprometido e contundente. faite con Ruído Negro.


8. FRANC3S "Franc3s"
(Los Enanos Gigantes/PIAS, 2011)
Tra-lo éxito das súas maquetas e do seu ep, xa tocaba algo máis serio, e aquí está o álbum de debut de Franc3s, e para eso tiraron a casa pola ventana coa producción de Fino Oyonarte e a colaboración de Triángulo de Amor Bizarro, Planetas, Schwarz, ou Klaus & Kinsky. O resultado, unha nova sobredose do seu universo de deformidades, pero mellor feito.

7. MATO GROSSO "Blanco Perfecto"
(autoed.MTGS, 2011)
Mato Grosso é a nova marca dos anteriores L'Uomo di Gomma, cambio de nome pero coa misma actitude e forma de facer, puro do it yourself de esencia hardcore con tóda-las etiquetas post- que lle queirades engadir. A única novidade é que desta vez nos entregan unhas cantas pezas con letras en castelán. Guitarras intensas e afiladas e rítmica 100% post-punk. Unha das mellores sorpresas de finais de ano. faite con Blanco Perfecto.


6. THE PHANTOM KEYS "The Real Sounds of..."
(Screaming Apple, 2011)
Tras dous eps espectaculares, por fin chega o primeira lp da banda do Grove, e para a miña sorpresa moito máis r'n'b e menos garaxeiro (ou menos psych) do que agardaba. Un par de covers e dez temas propios que vos poderán soar moitos clásicos do xénero, pero acabaredes por comprender a longa espera deste álbum, feito a conciencia e con sonido auténtico, producido por Mike Mariconda. Dificil de superar. faite con The Real Sounds of....


5. NOVEDADES CARMINHA "Jódete y Baila"
(Lixo Urbano, 2011)
Pouco máis se pode decir do seu segundo lp, ninguén foi capaz de facer un disco tan directo e divertido coma eles, sen ningún tipo de complexos. Seguen ó seu aire e a toda velocidade, e non hai nada do que non se poidan rir. Un pouco máis melódico e con máis toques de garage, pero igual de punk que todo o anterior que fixeron, incuído o 'Santiago Apostol' do Galician Bizarre, e parece que vai para largo... faite con Jódete y Baila.





4. METRALLETAS LECHERAS "Melodías para Romanos"
(Bowery Records, 2011)
Fíxose esperar, pero chegou a comezos do 2011 o que sen dúbida foi o álbum máis divertido do ano. Dende o destroyer do dúo inicial (Rafa Anido e Don Camilo), todo resulta moito máis ensamblado en formato trio (baixo de Zé Pequeno), e o seu instropunkpop xa ten outra pinta. Incluso aportando un tema moi serio ('Composición China'), e resto é puro delirio surrealista. No 2012 nova entrega xa convertidos en cuarteto!!! faite con Melodías para Romanos.






3. TELEPHONES ROUGES "Radiocontrol EP"
(Mama Vinyla Recs., 2011)
RadioControl xa existía no 2010 como maqueta e vía web, pero foi neste 2011 cando Mama Vinyla por fín se deciciu por publicar en vinilo o traballo dos do Grove, e xa era hora, por que son cinco temas de ruidísmo fantásticos, pero sobre todo a peza que abre o ep, 'Helio', un temazo que para min é o mellor do ano neste lado do telón do grelo, e que ademáis entra ata polos ollos gracias ó clip dirixido por Javi Camino. Que hinche!!!
faite con Radicontrol.





2. COMBO DINAMO "Quieto, Muere, Resucita"
(Combo Dinamo/autoedit., 2011)
Este é sen dúbida o disco do GZ Canibal que máis veces escoitei este ano, e iso que agardaba moito máis power pop enérxico, e non este álbum tan británico, pero ó final rematei por pilla-lo punto da nova reencarnación de Combo Dinamo. Moito máis calmada que no seu debut, e aínda máis que na época dos Mistakens. Máis centrado na busca de melodías perfectas e nas atmósferas que na súa rítmica, agás a versión final de Brian Eno, e sobre todo o tema que da título ó álbum (inspirado no filme de Kenevsky), un auténtico cañonazo que vale máis que os álbumes enteiros de outros, e que ademáis tamén entra polos ollos polo vinilo branco, e co fantástico clip a cargo de Héctor Diéguez. faite con Quieto, Muere, Resucita!!!






1. DISCO LAS PALMERAS! 
"Nihil Obstat"
(Matapadre, 2011)
E para presentar Nihil Obstat vou a fusilar unha vez máis a reseña de Marinocha...

A pesar do seu nome pouco apetecible, este trío de Sarria non ten nada que ver nin con música disco nin con tropicalismos varios. Desposeídos de baixo (so contan cunha guitarra tuneada cunha corda de baixo), pero con montóns de amplificadores e pedales de efectos, DLP! logran un sonido envolvente noise, spacerock e shoegaze, todo conxugado e provistos de moita enerxía que transmite especialmente unha batería sobresaíente. Así nos presentan o seu álbum de debut despois de pasar por varios concursos maqueteiros donde demostraron a súa valía. La expresión latina abreviada que da nombre al disco proviene de la expresión nihil obstat quominus imprimatur mediante la cual la Iglesia Católica daba su aprobación para la publiciación de una obra. Eu subscribo ata a última palabra. faite con Nihil Obstat.






E o 2012 neste caso sí que promete, e moito...
Xa me tarda!!!!



No hay comentarios: