jueves, 19 de enero de 2012

QVEK


Seguramente lembrarede á banda THE, neste mesmo blog lle adicamos un par de entradas remendándovos os seus traballos (o seis primeiros do 2008 ó 2010 aquí, fall e rise again do 2011, todo no bandcamp de ttttthhhhheeeee), e hoxe entereime de que xa non existen, pero coa boa nova de que os seus membros seguen en activo. Co fin da banda Carlos emigrou a UK e dende alí nos recomendou os temas do seu novo proxecto: QVEK.

Qvek é máis sucio, máis rápido e máis punk. Qvek é nihilismo musical... se eso existe, claro. Polo momento preséntanos unha maqueta de catro temas gravada cun catro pistas de cassette, lo-fi do auténtico, nada de efectos... e xa nos anuncia que en breve teremos máis material audiovisual. 
Facédevos coa demo xa!!! que sei que vos gusta este son tanto como a mín... e a agardar máis novidades.

QVEK "Qvek. 4tracks"
(Qvek, autoed, 2012)


facédevos co debut de Qvek no seu bandcamp.


No hay comentarios: