jueves, 12 de enero de 2012

5 temazos máis do 2011

Se a pasada semana vos presentábamos as nosas listas co mellor do ano (lista de Musntaphà e lista de Kurco) aquí vos deixo unha selección de uns cantos temas imprescindibles do 2011 que non estaban incluídos neses álbumes e que serán protagonistas na sesión do próximo Sábado Singles2011. 
Ahí van uns cantos:

The Black Keys 'Lonely Boy'.
Incluído no álbum El Camino (Nonesuch Recs., 2011)
Sen dúbida o gran hit do ano, un auténtico temazo, que foi single de adianto par un álbum moi irregular, creando unhas espectativas que quedaron moi lonxe de cumprirse, pero coma sempre un video divertidísimo..


The Frowning Clouds 'All Night Long'.
do seu 7'' All Night Long / Dame a Dozen (Saturno Recs., 2011)

Nos últimos anos estes xovencísimos australianos estanse a confirmar como a gran esperanza do r'n'b, e neste 2011 o seu novo 7'' chega da man do selo sevillano Saturno Records, con dous temas, o impresionante 'All Night Long' e 'Dame a Dozen' na cara b, para ir facéndonos aínda máis ganas do seu álbum do 2012... sinxelamente perfecta!!!




Fucked Up 'Queen of Hearts'.
Incluído no álbum David comes to Life (Matador Recs., 2011)
Os canadenses Fucked Up tíñan todo de cara para triunfar este ano e colar o seu novo álbum entre o mellor do ano, pero o seu formato en plan opera-post-hardcore e tan larga convirteuno nun traballo excesivamente pretencioso e esgotador. Pero tiñan temas moi bos coma o seu single de presentación:



The Kik 'My eyes are still dry'.
do seu 7'' My eyes are still dry/Here's Hoping (Excelsior Recs., 2011)
Este 7'' é o debut destes holandeses, e o fan por todo o alto cun tema que parece impecable e pegadizo merseybeat dos 60:


Thee Vicars 'Every Day'.
do seu single "Every Day / Don't Wanna be Free" (Dirty Water Recs., 2011)
A gran esperanza británica do garage beat máis ruidoso, puro rítmo que compite cos grandes consagrados. Tras varios 7'' teñen que confirmarse cun bó lp, seguramente este ano. Veremos que sae de ahí...



No hay comentarios: