Eu tamén penso que o 2011 non foi un gran ano no que a discos se refire. Sí houbo moitas boas cancións, grandísimos temas, a moreas, pero álbumes xa é outra cousa. Proba delo é que a min non me costou moito facer unha primeira escolma de 16 discos a tiro fixo, do que logo deixar 10. Pero se collemos as listas das principais publicacións/webs musicais do pais atopamos un panorama desolador. Penso que igual se deixan levar pola depresión que debe supoñer te-lo seu posto de traballo pendendo dun fio, pero estou seguro de que si dentro de dez anos revisitan esas listas os mismos que as elaboraron se botarán as máns a cabeza e se preguntarán en qué hostias estaban pensando. As crises económicas derivan sempre en crises sociais, morais e de indentidade colectiva, e ahí surxe sempre unha nova creatividade, uns novos valores, e novos nomes con ideas frescas que pasan por riba das vacas sagradas e do seu statu quo. E iso está a pasar agora, pero a maioría deses medios, ademáis de seguir criterios comerciais (o que paga sae, e o que non o poñemos de rareza) plasmaron todos un resume do ano desolador, recomendándonos como mellores discos do ano un somnífero tras doutro, álbumes aburridos, que xa escoitamos centos de veces con mensaxes tediosos e coa única intención de ofrecernos unha pretenciosa visión da melancolía coidadosa para todavía non sei qué. Queren deprimirnos máis?
Estamos jodidos, pero contentos, e a festa debe continuar, e non, nin The Black Keys fixeron un dos mellores discos do ano (aínda que teñen dous singles que son auténticos rompepistas, pero nada que ver con Brothers), nin The Vaccines prometen nada, nin os discos de estudio de Wilco ou My Morning Jacket nos din absolutamente nada, nin os Foo Fighters teñen nada que dicir hai máis de unha década, nin intenten deixarnos a durmir a base de solos de arpa, nin Bon Iver nin M83 fixeron nada de outro planeta, que non!!, e tampouco nos interesa o dubstep, nin o hip-hop, para iso seguro que hai discos de música tradicional de Zambia moito mellores, pero xa chegarán a nós cando sexa... Ademáis ó longo deste ano publicaron novos discos moitas das miñas grandes debilidades como Wire, The Fall, The Bevis Frond, The Cynics, Black Lips ou King Khan, así que só con iso xa foi un gran ano, pero tranquilos que non están no top 10...
E se nos damos un paseo polas ssspañas o asunto aínda é peor. Directamente queren deixarnos K.O., menudas basuras, e os mesmos nomes de sempre, pero sobre todo porque parece que tiveron que facer uns esforzos enormes para engadir álbumes de bandas e artistas que non sexan de Madrid ou Barcelona, e arredores. Señores espabilen, que noutras esquinas da península xa lle pasaron de largo hai algún tempo. Que nesas listas de 'discos nacionales' non aparezan os traballos de por exemplo Disco Las Palmeras ou Combo Dinamo me parece tan insultante como evidente que nin tan sequera chegaron ás súas mans/oídos... (ou que donde os inclúen aparezan de 30 ou así... terrible, pero claro como non van de copas con eles...). Do Spanish Stroll xúrovos que case nada vale a pena este ano, así que apuntade ben por que só vos vou a recomendar un par de álbumes, e cando digo un par quero decir literalmente dous, o resto deixádeos pasar... O disco homónimo de Guadalupe Plata (Folc Records, 2011) e o seu blues pantanoso dende Xaén, e sobre todo non deixedes escapar a psychodelia espacial de Lüger (Marxophone, 2011) sinxelamente bestial!!!
Polo demáis podo asegurarvos que a lista co mellor do GZ Canibal será moito máis excitante e interesante que todas estas, pero para iso teredes que agardar á próxima semana...
Mentres tanto aquí tedes os mellores álbumes do 2011 para o Rif-Rock, co seu single correspondente e con enlace onde o podedes atopar. E por suposto, tamén podedes poñer esta lista a parir, aquí, ou polos bares, coma sempre...
10 - THE DIRTBOMBS "Party Store"
(In the Red, 2011)
Mick Collins e compañía presentáronnos sen dúbida o disco máis arriscado do ano, e por iso está nesta lista. "Party Store" é un álbum de versións que homenaxea á escena do Detroit Techno dos anos 80, seguramente a primeira vez en que unha banda de rock tritura a música techno pura e dura a este nivel. Aquí atopamos temas de Carl Craig, Cybotron, A Number of Names ou Inner City... indtroducindo bases electrónicas, e recreando por momento drum'n'bass ('Shari Vari', 'Strings of Life' ou 'Good Life') que por suposto vai alternando con temas que nos devolven aparentemente á normalidade como 'Alleys of your Mind' ou a potencia de 'Cosmic Cars' que abre o álbum, ou a mostruosa 'Bug in the Bassbin' de máis de 20 minutos. Unha homenaxe a unha parte da súa cidade que ninguén esperaba... Facédevos con Party Store aquí.
(Fortuna Pop, 2011)
Cada vez gústanme máis Comet Gain, estanse a convertir nunha trituradora perfecta de tódo-los sons que máis me gustan, e cada vez o fan mellor. Dende o 2005 sen publicar lp, pero con sete eps, 7'' e splits publicados dende entón, unha máquina que non se para, capaces que incluir nun só álbum powerpop luminoso, ou delicado, cun retrovisor sempre posto nos sons de inspiración sixtie, o noise ou o postpunk, sen deixar a súa obsesión pola xeración do C-86 e a explosión do indie británico. Si xa tiña debilidade por eles, agora chega o seu mellor álbum. Faite con Howl of the Lonely Crowd.
8 - Chain and the Gang "Music's Not For Everyone"
(K Records, 2011)
Esta crise económica-financieira-social e demáis resulta se-lo ambiente perfecto para o retorno de Ian Svenonius, convertido oficiosamente no krooner da catástrofe. Neste álbum amósase preocupado polo futuro, mentres se ríe a gargalladas con un eu xa vos avisara... Despreocupase totalmente das armonías para centrarse na súa tarea de narrador. A rítmica dos tempos de The Make-Up pasa a un segundo lugar para abraza-lo minimalismo e o lo-fi. No musical é un tanto irregular, pero trascende de largo o musical (xa o avisa no título), abraza el folk y el soul (máis que nunca) e amosa a súa vertente máis guitarreira nas dúas partes de ‘Detroit Music’. O remedio contra a crise!!. Faite con Music Not for everyone aquí.
O noso desvarío barroco do ano, outro disco arriscado desta banda tan esaxerada coma o seu nome. Son de Austin (Texas) e este é o seu séptimo álbum, que ven a confirmar coma nos seus últimos traballos que son unha das bandas con menos complexos do planeta, evolucionando dende o post-hardcore ata o actual psych-prog-core si eso existise. Tralla, distorsión, e unha coidada orquestación que o invade todo, para un álbum denso e apocalíptico, como as súas letras rebuscadas, entre compromiso social e paranoia mística. Faite con Tao of the Death.
6 - TOM WAITS "Bad as me"
(Anti Records, 2011)
Que este disco se colara no meu top é o sinal definitivo de que este ano foi moi mediocre, ou peor... A miña adoración por Tom Waits casi é tan grande como o odio que lles teño ós fetichistas que o encumbran por cada peido que bota. O certo é que calqueira mediocridade de Waits é moi superior ó máximo de calquera, pero Bad as me xa non é tan perfecto como Real Gone, nin de lonxe, eu non sei se agardaba algó máis ou algo distinto, pero unha vez máis teño que recoñecer que ten momentos brillantes inalcanzables para outros. Faite con Bas as me.
(Anti Records, 2011)
Que este disco se colara no meu top é o sinal definitivo de que este ano foi moi mediocre, ou peor... A miña adoración por Tom Waits casi é tan grande como o odio que lles teño ós fetichistas que o encumbran por cada peido que bota. O certo é que calqueira mediocridade de Waits é moi superior ó máximo de calquera, pero Bad as me xa non é tan perfecto como Real Gone, nin de lonxe, eu non sei se agardaba algó máis ou algo distinto, pero unha vez máis teño que recoñecer que ten momentos brillantes inalcanzables para outros. Faite con Bas as me.
5 - THE BATS "Free All the Monsters"
(Flying Nun Records, 2011)
A este ritmo terán que pasar varias décadas para que se recoñeza a The Bats como unha das mellores bandas de pop de tódo-los tempos, e un dos puntais da independencia persistente. Cando se van cumprir xa 30 anos de carreira seguen a facer discos casi perfectos, e despois do parón de mediados dos 90's, sexa con The Clean ou The Bats, Robert Scott está a entregarnos neste século XXI os seus mellores traballos. O deste ano é un máis, con melodías perfectas, suaves, e factura impecable, sempre intenso e sentido. Faite con Free All the Monsters.
4 - POW WOWS "Nightmare Soda"
(Get Hip 2011)
Otra banda máis que chega dende Canadá (Toronto). E sería o mellor debut do ano de non ser polos Bass Drum of Death, e que en certo modo comparte moitas características, despreocupados polos aspectos formais, cunha rítmica sinxela pero contundente, e coa dose perfecta de distorsión, e xoguetes ruidosos, pero que desta vez está ó servizo do mensaxe social, comprometido e bastante duro, por veces case narrado con socarronería e deixando as melodías case só para os coros.
Faite con Nightmare Soda.
(Flying Nun Records, 2011)
A este ritmo terán que pasar varias décadas para que se recoñeza a The Bats como unha das mellores bandas de pop de tódo-los tempos, e un dos puntais da independencia persistente. Cando se van cumprir xa 30 anos de carreira seguen a facer discos casi perfectos, e despois do parón de mediados dos 90's, sexa con The Clean ou The Bats, Robert Scott está a entregarnos neste século XXI os seus mellores traballos. O deste ano é un máis, con melodías perfectas, suaves, e factura impecable, sempre intenso e sentido. Faite con Free All the Monsters.
4 - POW WOWS "Nightmare Soda"
(Get Hip 2011)
Otra banda máis que chega dende Canadá (Toronto). E sería o mellor debut do ano de non ser polos Bass Drum of Death, e que en certo modo comparte moitas características, despreocupados polos aspectos formais, cunha rítmica sinxela pero contundente, e coa dose perfecta de distorsión, e xoguetes ruidosos, pero que desta vez está ó servizo do mensaxe social, comprometido e bastante duro, por veces case narrado con socarronería e deixando as melodías case só para os coros.
Faite con Nightmare Soda.
3 - LES BREASTFREEDERS "Dans La Gueule Des Jours"
(Blow the Fuse Recs, 2011)
Máis álbumes afrancesados, pero neste caso chega do Canadá (outro máis), da francófona Montreal. Este é o terceiro álbum do sexteto Les Breastfeeders, e con diferencia o seu mellor álbum, o máis pulido e completo. Reminiscencias sicodélicas con factura de garage, velocidade punk e producción lo-fi coidadosa, que en realidade son capas superficiais de un álbum de pop brillante i enérxico, que saben compaxinar á perfección con un par de caramelos polo medio. E qué me decides desa portada parodiando a Muse? Pero cos pes no chan... Faite con Dans la Gueule des jours.
2 - P.J. HARVEY "Let England Shake"
(Vagrant / Universal, 2011)
Ata na sopa atoparedes este "Let England Shake" de Polly Jean, no top de tódo-los resumes do ano, mellor álbum, mellor tema, mellor todo... eu non diría tanto, por que son un fanático da PJ de antes, pero hai que recoñecer que este álbum é moi bó, deixando as puñaladas patrióticas que aquí pouco nos interesan ou a metáfora da actualidade trasposta máis de 90 anos atrás. Para entendelo non hai que ser tan literal, con escoitar de corrido os primeiros temas do álbum ('Let England Shake', 'The Last Living Rose' e 'The Glorious Land') xa sabes que estás ante algo importante.
Faite con Let England Shake aquí (pero non me creo que non o teñas).
Faite con Let England Shake aquí (pero non me creo que non o teñas).
1 - BASS DRUM OF DEATH "G.B. City" (Fat Possum, 2011)
Bass Drum of Death son John Barrett e Colin Sneed, guitarra e batería respectivamente, nada de baixos coma o nome poida levar a engano. "G.B. City" é o seu álbum de debut, rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych e con moito fuzz, sen pausa e con bastante cacharrería de fondo, como en 'Nerve Jamming' ou máis rítmicos coma no single 'Get Found'. Xa veremos como segue a traxectoria da banda, pero co seu debut e a súa frescura conseguiron superar a tódo-los demáis neste ano de somníferos que nos tentan meter polos ollos...
Facédevos con GB City aquí.
Facédevos con GB City aquí.
Nos próximos días, máis seleccións, o GZ Canibal, singles, videos, etc...
E o 14 de Xaneiro sesión Singles2011 non vo-lo perdades!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario