martes, 12 de julio de 2016

17º Aniversario do RIF-ROCK. O resumo de todo...

Xa pasou o 17ºAniversario do RIF-ROCK!!
Foron dúas fins de semana estupendas, cheas de boa música e de amigos, que é o importante.
Recuperamos o formato anterior ós ultimos dous anos, co programa repartido en varias semanas e con dúas bandas habituais da casa convertidas noutra cousa distinta para que fosen uns concertos únicos.

O Sábado 2, foi o turno de RUFUS Y LOS GUARROS, no propio día que cumpríamos anos. Outra volta máis dese universo infinito de bandas dos irmans López, adaptando parte do repertorio que están a presentar este verán como Doble M & Jorge Lorre, pero acompañados por Rufus el Guarro con tódo-los seus trebellos á percusión, ademáis de Óscar que non se quixo perder a oportunidade de sacudir as cadeas toda a noite. Un show de repaso por algúns dos seus referentes nas raíces americanas máis fondas, pero tamén para repasar temas propios de outros dos seus proxectos, como Los Wavy Gravies e os Dead Wood. 

No seguinte fin de semana máis música en directo e máis sesións:
O Venres 8 foi o turno de PTOOFF! o novo alter-ego de Carlos, o máis habitual da nosa cabina que se reinventa outra vez, e non será a última...
E o Sábado 9 os protagonistas foron THE BOLTONS, coa jam de blues de Rubén Iglesias, David Falcón e Jesús Carames, en formato power trío. Tocarón o que lles petou, moito clásico do blues actualizado, pychodelia e aínda nos deixaron en exclusiva un par de temas fantásticos doutra das súas bandas paralelas.
E para rematar a noite unha cantas horas de sesión de Dj CHAN dende a cabina (aka A.C.M.E.) todo un referente do país, que por fin se achegou ó Rif-Rock cargado de discos para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario!!

Gracias a todos por estas dúas semanas!! A tódolos que colaboraron e participaron, os músicos e os djs por apuntarvos a celebralo con nós sen pensalo dúas veces, a ATDP polas chapas unha vez máis, e por suposto a todos por vir a celebralo e a pasalo ben, e montar esa festa continúa todos estes días. Así da gusto cumprir anos. E agora a polos 18!! GRACIAS!!

Xa tedes os concertos subidos na nosa canle de youtube e nas entradas anteriores:
Rufus & Los Guarros: pt1 - pt2 - pt3 - pt4 / The Boltons: pt1 - pt2 - pt3.
Ou todo seguido en listas de reproducción:
· RUFUS & LOS GUARROS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 2 xullo 2016).
· THE BOLTONS (concerto 17º Aniversario Rif-Rock 9 xullo 2016).


No hay comentarios: