martes, 18 de septiembre de 2018

JUZZ "Juzz"

Máis GZ Canibal. Hoxe presentámosvos o lp doutro proxecto de Virxilio da Silva.
JUZZ é unha banda de jazz rock na que Da Silva se acompaña por Rosolino Marinelo ao saxo tenor, Alex Salgueiro e Xan Campos nos teclados, Felix Barth ao baixo e Iago Fernández na batería. Sonan a azz, a rock progresivo, a experimentación pura de diferentes sons. Soan a bandas do Canterbury Sound, aos primeiros King Crimson ou a algunha das propostas de John Zorn. É coma unha volta de torca máis aló do álbum "ESD" de Xan Campos (Free Code, 2016), dous proxectos que comparten moitos dos seus membros.
O álbum lanzouse a finais de abril, pero aínda agora nos fixemos con el.
Abre co espectacular comezo de 'Rathenow Towers', segue con 'Lamento Fuzz', 'Outro Tempo' e 'Dead Water', catro temas que enchen as dúas caras e que deberedes escoitar de tirón. Experimentación de texturas, cambios de ritmo imposibles e tóda-las posibilidades que desenrola o sexteto. Unha auténtica marabilla. A edición a cargo do propio Da Silva. Se tedes a ocasión facédevos con el.
Aínda dispoñible no bandcamp de JUZZ.

JUZZ "Juzz"
(autoeditado, 2018)



No hay comentarios: