viernes, 1 de abril de 2016

The Murlocs "Young Blindness"

Imos con algún álbum, que xa hai varias semanas que non cae ningún. 
A comezos de ano vos recomendábamos o primeiro álbum dos australianos The Murlocs, con membros dos King Gizzard & The Lizard Wizard e dos Frowning Clouds, pois agora chega o segundo traballo. Chámase "Young Blindness" e segue a mesma fórmula entre o garage e o rhythm'n'blues psychodélico. Acabamos de facernos con el e xa estou enganchado: 'Happy Face', 'Adolescence', 'Compensation' (co seu video perfecto para coller dor de cabeza, senón probade...), e a tremenda 'Wolf Creep', ou 'Reassurance' como despedida por todo o alto. Grupazo!!

THE MURLOCS "Young Blindness"
(Flightless, 2016)



No hay comentarios: