lunes, 9 de marzo de 2015

Jay Reatard "Better than Something"

E xa que lembramos a Jay Reatard na entrada anterior, imos a recuperar o documental que se lanzou trala súa morte, con só 29 anos, e cunha das carreiras máis prolificas que se recorden no mundo do rock. "Better Than Something" percorre en hora e media dende os seus inicios coma un adolescente de Memphis fascinado por bandas locais como The Oblivians ou Rocket from the Crypt, ata como se converteu nunha figura reivindicada e seguida por centos de bandas na actualidade, pasando por tóda-las bandas nas que participou através de material dos seus concertos, entrevistas con amigos e compañeiros. Un homenaxe perfecto que se comezou a preparan meses despois da súa morte, aínda que sempre teremos a sensación de que queda moito por saír á luz de Jay Reatard.
No 2013, Factory 25 lanzou unha edición especial deste "Better Than Something" que incluía o dvd do documental, un lp recopilatorio con 14 temas de Reatard dende o 1998 ata o 2009 (en solitario, con Lost Sounds, e con The Reatards), e un libro en formato fanzine con toda a súa historia a través de fotografías, portadas e posters, textos de King Khan, Cole Alexander, e unha entrevista inédita con Reatard.


"Better Than Something: Jay Reatard"

Dir: Alex Hammond & Ian Markiewicz
USA, 2012. Children of Productions.



No hay comentarios: