martes, 21 de junio de 2011

12º Aniversario Rif-Rock. confirmados ata agora...

Xa imos tendo algunhas cousas confirmadas para o 
12º Aniversario do RIF-ROCK 

A falta de incluir algunha cousa máis si é posible (por que algún concerto que queriamos incluir neste programa xa o tivemos que aplazar para agosto) e organizar tóda-las sesións, xa podemos confirmar un par de concertos:

O Sábado 2 de Xullo, concerto da RifRocKerZ BLUESBAND, coma sempre dirixida por Paco Charlín e Piti 'drumz', e acompañados nesta ocasión polo mestre Karlos Abal, chamarán ás portas da percepción para ofrecernos un concerto de homenaxe a The Doors, na noite que se cumpren 40 anos da morte de Jim Morrison. E despois do concerto, sesión a cargo de BIBLIOTECARIO YEYÉ (dos Metralletas Lecheras) cun menú de freakbeat, psych, hardpsych, garage, e  soul-yeyé!!!

E o Sábado 16 de Xullo, será o turno do directo de PARTÍCULAS INESTABLES, nunha nova transformación que pechará o programa do aniversario cos seus enxéndros de pensamento mecánico... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!


No hay comentarios: