miércoles, 8 de junio de 2011

The BellRays "Meet The BellRays"

Non é normal que neste blog compartamos un álbum recopilatorio deste tipo. En realidade quería compartir o último traballo dos BellRays ("Black Lightning" do 2010, que non atopo por ningún blog, eu o teño en vinilo, así de momento non podo subilo, pero xa aparecerá por ahí en dixital). Así que tiramos polo camiño de medio e traiovos este "Meet The BellRays" do ano 2002. Eu coñecinnos daquela con este álbum, pero en realide é unha recopilación dos dous anteriores álbumes publicados naquel momento só nos USA: "Let it Blast" (1998, Vital Gesture/Scooch Pooch), e o "Grand Fury" do 2000 publicado por Uppercut Recs e Vital Gesture. 


Así este "Meet The BellRays" pretendía se-la súa presentación a nivel mundial, co mellor dos seus dous álbumes máis explosivos. E vaia se o conseguiron... Con "Let it Blast" asombraron a toda escena con esa mestura de Aretha Franklin con The Stooges, que non fixo máis que mellorar en "Grand Fury" o resto da historia xa a coñecemos todos... entre medias un lp compartido coma se fose un split cos Streetwalkin' Cheetahs titulado "Punk, Rock and Soul" en 1999.

De todos xeitos tamén vos deixo os enlaces dos dous álbumes por separado, 200% recomendables!!!



THE BELLRAYS "Meet The BellRays"
(Vital Gesture, 2002 - Poptones/Telstar))




No hay comentarios: