Hola RifRocKerZ todos!!!
Xa temo-la programación do 12º Aniversario.
Algunha das cousas que tiñamos pensadas non poden ser nestas datas así que se quedan pendientes para máis adiante. Aquí está o programa definitivo:
Sábado 2 de Xullo:
concerto da RIFROCKERZ BLUESBAND
+ sesión de BIBLIOTECARIO YEYÉ.
A RifRocKerZ BLUESBAND, coma sempre dirixida por Paco Charlín e Piti 'drumz', e acompañados nesta ocasión polo mestre Karlos Abal, chamarán ás portas da percepción para ofrecernos un concerto de homenaxe a The Doors, na noite quese cumpren 40 anos da morte de Jim Morrison. E despois do concerto, sesión a cargo de BIBLIOTECARIO YEYÉ (dos Metralletas Lecheras) cun menú de freakbeat, psych, hardpsych, garage, e soul-yeyé!!!
Sábado 16 de Xullo:
concerto de PARTÍCULAS INESTABLES
+ sesión de KURCO SoundSystem.
Para pechar o programa do aniversario, chega ó Rif-Rock novamente o directo de PARTÍCULAS INESTABLES, cunha nova transformación dos seus enxéndros de pensamento mecánico... e despois, sesión a cargo de KURCO SoundSystem!!!
Ademáis completámo-lo programa cos convidados habituais da nosa cabina:
- Venres 8 de Xullo: sesión de Marinocha.
- Sábado 9 de Xullo: sesión que enfrontará a Cacatone VS. Comomepos.
- Venres 15 de Xullo: outra ob-sesión de Munstaphà.
Xa sabedes que podedes seguir informados no blog dos RifRocKerZ e no noso Facebook.
E sobre todo, non vo-lo perdades!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario