jueves, 30 de junio de 2011

Legends no VH1 "The Doors"

Este é o documental da serie 'Legends' da canle VH1, adicado a Jim Morrison e The Doors. A historia de sempre, que todo coñecemos, moi ben contada (e moi mal subtitulada), pero o mellor está na cuarta parte cando recollen os tetimonios da chavalada conservadora de Miami despois daquel mítico concerto do 69 (no Dinner Key Auditorium en Miami, Florida, o certo é debeu ser un auténtico circo!!!), todos indignados polo que acaban de ver. 
A miña pregunta é... ¿qué ían a ver eles?.


No hay comentarios: