jueves, 16 de junio de 2011

Beastie Boys "Check your Head"

Un dos mellores álbumes do século pasado sen ningunha dúbida. Nas últimas semanas nos centramos bastante na música negra a varios niveles, e este é un álbum feito por tres tras tipos caucasianos bastante enclenques que deixan en rídículo a tódo-lo establishment do afro que se lle poña diante, ó máis puro estilo Charles Bronson, por iso será moi protagonista na sesión de mañán... "Check Your Head" foi o quinto álbum de estudio dos Beastie Boys, que en realidade pretende ser un retrato de NYC, e demostran que non fai falla ser un gangsta de Harlem para facelo. Espectacular a súa mestura de hardcore e punk, con jazz e funk, todo rapeado e sampleado, nun acabado coma nunca máis conseguiron, dende o alucinante 'Funky Boss', o tributo a Jimi Hendrix 'Jimmy James', os sample de Bob Dylan (I'm Going back to NYC) en 'Finger Licking Good', o punk de 'Time for Living' ou as historias de autobus de linea en 'Mark on the Bus'. Imprescindible.


BEASTIE BOYS "Check Your Head"
(Grand Royal/Capitol, 1992)


descárgao no blog HipHopenlaZona:




No hay comentarios: