lunes, 13 de junio de 2011

10 anos de Rock en Costa, e adeus...

Este pasado Sábado (11 de xuño) celebrouse en Compostela a 10ª edición do  Festival Rock en Costa, todo un clásico da escena compostelana que cada ano organiza a Asocición Xurásica no barrio do Castiñeiriño, e como parece nestes tempos que corren, é outro deses clasicos da cultura de Santiago que se despide. Segundo a organización: o festival ROCK EN COSTA naceu a principios de século como extensión da actividade da Casa Xurásica, o local de ensaio polo que pasaron boa parte dos grupos de rock composteláns dos últimos tempos, de Fame Neghra aos Fulsomes ou os Redullos, pasando por Samesugas, Por Teléfono, Street Fighter ou Pollegros. Nas súas dez edicións, o festival destacou polo seu compromiso cos barrios como motores culturais das cidades e pola aproximación entre as músicas de Galicia e Portugal


Non sei os motivos da despedida, pero en calqueira caso, unha auténtica mágoa. Para despedir o Rock en Costa, os escollidos foron The Homens, L'Uomo di Goma, Royalties, Samesugas e o retorno cinco anos despois dos Redullos. Para os que non puidemos asistir, recoméndovos a crónica que fixeron na web Pista Oculta, seguro que nos próximos días se iran publicando moitas máis, pero esta entre as inmediatas, esta é a máis completa, con vídeos e demáis.


E aquí vos deixo os videos que nos ofrecen con tres das cinco bandas, The Homens, L'Uomo di Goma (que se chamarán de aquí en diante Mato Grosso) e o especial reencontro dos Redullos:


No hay comentarios: