Novo traballo dos madrileños Lüger, despois de facernos alucinar co seu debut homónimo ("Lüger", 2011) do ano pasado, de kraut-rock e con tóda-las variables posibles da Kosmische Musik, psychodelia e rock espacial, para entregarnos desta vez outros seis temazos que xa presentaron no festival SXSW de Austin alá por marzo. "Concrete Light" mantén tódo-los ingredentes do seu debut, engadíndolle aínda máis enerxía dende o seu arranque con 'Monkeys Everywhere' e 'Dracula's Chauffeur wants more', a rítmica de 'Hot Stuff', as transicións das dúas partes de 'Shirokovsky Pallasite' ata a despedida de ambient orientalista de 'Zwischenspiel-Quidquid latet apparebit'. Un discazo que aínda supera ó anterior.
LÜGER "Concrete Light"
(Marxophone/Lüger, 2011)
No hay comentarios:
Publicar un comentario