miércoles, 15 de junio de 2011

Archie Bronson Outfit "Coconut"

Non sei como o ano pasado se me escapou este álbum. Os británicos Archie Bronson Outfit foron unha das miñas maiores debilidades durante un tempo hai uns cantos anos, sobre todo dende o seu debut "Fur" do 2004, con aquel extrano derivado do kraut tan contundente e impredecible, logo con "Derdang Derdang" quixeron chegar a un maior público e xa non lles foi tan ben. Con este "Coconut" seguen a buscar o seu camiño, por moitas vías distintas, pero semella que se preocuparon máis de facer un bó álbum que de gustar a moita xente, e iso é o que vale. Para a producción contaron con Tim Goldsworthy (habitual de traballos de LCD Soundsystem, The Rapture ou Hercules & Love Affair) pero pouco o nada se nota a súa paixón polas pistas de baile, só den dous temas se deixan levar... O resto é unha escapada dos A.B.O. cara ó seu lado máis sucio e ruidoso, dando renda solta á súa implacable mestura de kraut, psychodelia, garage, powerpop, e toda a súa base rítmica post-punk... Esperando que os ramalazos bailongos sexan só un capricho pasaxeiro, se siguen así non se me volverá pasar ningún dos seus discos...

ARCHIE BRONSON OUTFIT "Coconut"
(Domino, 2010)


Faite con el no blog Los Mundos de Fede:
*Los Mundos de Fede comparte os enlaces recentes só através do Facebook de Fede, así que solicitadelle amizade para acceder a tódo-los seus contidos. Sempre moi recomendable.


No hay comentarios: