jueves, 9 de junio de 2011

Máis libros sobre Fela Kuti


CARLOS MOORE:
Fela, Fela, This bitch of a Life.
(Allison & Busby Eds, 1982, reed. 2010)

Esta foi a primeira biografia oficial (autorizada) sobre Fela Kuti, publicada en 1982. O seu autor é o etnologo e politólogo cubano Carlos Moore (Charlie Moore), fervente teórico da revolución ata que comezou a publica-los seus polémicos traballos contra a manipulación racial do castrismo, e que hoxe en día ocupa todo o seu tempo ós estudos pan-africanistas (normalmente localizados na trata de esclavos e nos procesos migratorios destino a América e toda-la súa herencia cultural) e na oposición ó réxime dos Castro por un tema moi pouco coñecido. Pero houbo un tempo, no que os seus estudos pan-africanistas o levaron a se-lo primeiro biógrafo oficial de Fela Kuti, publicando en 1982 este fantástico Fela, esta puta vida!, Dende 2009 veñen facéndose novas reedicións, as primeiras en inglés a cargo de Lawrence Hill Books, logo no 2010, e xa no 2011 o temos en portugués. (igual no 2012, ou no 2020 a alguén lle interesa publicalo en castelán. Aquí tedes ó autor falando do seu libro na campaña de presentación da reedición publicada en brasil a comezos deste mesmo ano:



TREVOR SCHOONMAKER (ed)
Fela, from West Africa to West Broadway.
(Palgrave McMillan, 2002)

Este libro é unha recopilación de artigos, ensaios, entrevistas, fotografías e ilustracións realizadas con, ou sobre Fela Kuti e o seu entorno. Todos eles realizados por autores que o coñeceron. En liñas xerais trata de expoñer o universal da súa figura e da súa proposta, en tóda-las posibilidades e posibles adxetivos: coma superhome, coma deus na terra, coma predicador, coma o Black President, coma o rei do afrobeat, coma artista visionario, coma estrela máxima do rock'n'roll way of life do planeta, unha auténtica máquina sexual, o enfermo, o tramposo, e o que lles quitou a venda dos ollos a todo un continente. Os conflictos co goberno, o asalto á república de Kalakuta. Sempre esaxerado, pero nunca suficiente, esta é a liña que siguen todos
De este compendio tamén tedes as referencias, ficha, reseñas etc en GoogleBooks, e tamén unha vista previa:



TREVOR SCHOONMAKER (ed)
Black President. The Art and Legacy of Fela Anikulapo Kuti.
(NMCA, 2003)

Do mesmo editor segue na mesma onda que o anterior. Recopila todo tipo de artistas influídos por Fela Kuti, músicos, grandes orquestas, rapeiros e djs, artistas plásticos e gráficos, a súa herencia política e poética, e tamén inclúe un relato de 1980 que recrea ficticiamente os seis últimos meses de vida de Fela. Pero este exemplar xa é moito máis dificil de conseguir.


E por último un artigo bastante curioso que me atopei buscando discos.
Titúlase Yabis. A Phenomenon in the contemporary Nigerian Music o seu autor é Michael Olatunji, profesor no departamento de música dunha das universiades de Lagos, e está publicado no The Journal of Pan African Studies (JPAS), nel explica como o 'yabis' son cancións satíricas que ríen de todo o que formalmente é intocable política ou relixiosamente, o que  para os Yoruba eran os 'efe' e que Fela Kuti conseguiu exportar a tóda-las demáis etnias nixerianas e máis alá. Tedes o artigo en pdf.


No hay comentarios: