martes, 7 de junio de 2011

The BellRays "In the Light of the Sun"

Esta é unha desas sorpresas que non esperas atopar nunca, e aínda que tampouco sexa para tanto, sempre fai un pouco de ilusión, así que esta entrada é só para coleccionistas/completistas chapuceros en mp3. "In the Light of the Sun" é o primeiro largo dos BellRays, que alá por 1993 foi editado somentes en cassette, logo reeditado en cd no 2002, e para min coma se non exitise xamáis... O certo é que pouco ten de todo iso que nos gustan dos BellRays, aínda están a moitas probas do definitivo punk'n'soul que os convertiría nunha banda para a historia, e moito menos ó r'n'b garagero  posterior dos efímeros Now Time Delegation (tamen de Lisa Kekaula, con Tim Kerr, Alex Cuervo, e Matt Verta-Ray), é sinxelamente un disco correcto de funk e soul, con pingas de rock, e listo. Algún destes temas volveron a gravalos para álbumes posteriores coma 'Footprints on Water' que incluíron logo no "Hard, Sweet and Sticky" (do 2008, seguramente o seu álbum máis frouxo). Este In the light resulta interesante sobre todo unha vez que coñecemos o resultado posterior da banda, pero seguro que alguén lle saca proveito, non?

THE BELLRAYS "In the Light of the Sun"
(Vital Gesture, 1993 - reed. In Music we Trust, 2002)


descárgao en Rock'n'Dolls:


No hay comentarios: