Seguimos introducindo a sesión de mañan con máis cousas raras. Por fin atopei nun armario, o fantástico "Positive Karaoke with a Gun / Negative Karaoke with a smile" (a parte negativa é o dvd que o acompaña) dos franceses Expérience, sen dúbida un dos mellores álbumes de versións dos últimos tempos, por non decir que o mellor do que vai de século. Michel Cloup fundou Exèrience tra-la disolución da súa anterior banda, Diabologum, seguramente o maior referente do indie francés, e ata hoxe catro discazos ben repartidos no tempo. Este é o seu terceiro álbum, completamente cheo de versións, case todas en francés, por suposto, dende a tremenda que fai de Gil Scott-Heron 'La Révolution ne sera pas Télévisée' (que foi a desculpa para buscalo), seguindo por Public Enemy, A Tribe Called Quest ou Moonshake, ata Shellac, para rematar coa irreverente 'This is not a Love Song' dos PiL.
EXPÉRIENCE "Positive Karaoke with a Gun"
(Green Ufos / Boxson, 2005)
faite con Karaoke Positivo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario