jueves, 9 de junio de 2011

"Fela: The Life and Times of an African Musical Icon" de M.E.Veal

Este libro é un dos máis completos de todos cantos se escribiron sobre Fela Kuti. O autor, Michael E. Veal, é un profesor da universidade de Yale especializado en etnomusicoloxía, adicado á investigación da música afroamericana e a tódo-los fenómenos musicais fusionados do caribe e de África. E Fela Kuti foi unha das súas maiores obsesións.
O libro Fela: The Life and Times of an African Musical Icon, pretende ser unha biografía total. Trata tódo-los aspectos vitais e artísticos da estrela nixeriana, a música, o highlife, o afrobeat, o quén-era-quén no mundo do afrobeat, as súas mulleres, a represión do goberno, as drogas, a promiscuidade, os enfrontamentos co exército, o sida, a política e a incomprensión de occidente. Todo tratado cun rigor impecable en máis de 300 páxinas 


Michael E. Veal "Fela: The Life and Times of an African Muscial Icon"
(Temple University Press, 2000)

Aquí tede-la ficha e reseñas do libro en Google Books, e tamén a vista previa (non está completa) da obra:

No hay comentarios: