miércoles, 10 de agosto de 2011

Todo o material do 12º Aniversario.

Unha das cousas que nos quedaba pendente e que tiña prometido era facer unha recopilación de todo o material do programa do 12º Aniversario, nunha mesma entrada, por si se vos quedou algo atrás. Así que imos por orde.

Comezamos o 2 de xullo, o mesmo día que cumpríamos 12 anos, cun concerto por todo o alto da RifRocKerZ BluesBand, formada polos habituais Paco Charlín e Piti 'drumz' acompañados nesta ocasión por Karlos Abal. Logo seguiulle a sesión de Bibliotecario Ye-Yé. Podedes ve-la grabación do concerto na nosa canle de youtube, todo seguido en lista de reproducción, e neste blog repartido en tres entradas (1ª parte, 2ª parte e 3ª parte). Ademáis con este concerto inauguramos experimento, convertíndoo a audio para estrenar as Rif-Rock Live Series, que atoparedes para descargar nesta entrada.

O seguinte fin de semana completouse con dúas sesións moi distintas:
O venres 8 de xullo foi o turno de Marinocha, aquí podedes descarga-la selección da súa sesión "Marinocha Über Alles".
O sábado 9 enfrontamos nunha sesión dobre a Cacatone contra Comomepos, aquí téde-las recopilacións que nos deixaron os dous selectores.

Rematamos co programa o Sábado 16. Foi o turno de Partículas Inestables, que nos presentaron en directo o seu show "Partículas Inestables Vs. El Engendro Mecánico", podedes ver na nosa canle de youtube, todo seguido nunha lista de reproducción, e neste blog en tres partes (1ª parte, 2ª parte, e 3ª parte) e ademáis tamén podedes recupera-lo montaxe audiovisual que Incomodo realizou para a ocasión e que lle daba título e servía de guía ó show. Podedes velo en youtube ou en vimeo, e nesta entrada tamén podes descargalo.
Ademáis aquela noite rematou cunha sesión de Kurco SoundSystem, que coma sempre tamén podedes descargar nesta entrada.

E por último, como tódo-los anos o clásico de cada verán, o recopilatorio de turno de cada aniversario do Rif-Rock. Para os que non chegáchedes a ter un orixinal, aquí tedes unha nova oportunidade para descargalo, nesta entrada o cd recopilatorio deste 12º Aniversario Rif-Rock

Así que xa sabedes, se vos perdíchedes algo do noso 12º Aniversario, aquí tedes todo o material, bastante completo non? 

Pois o próximo ano máis! E xa serán 13...


No hay comentarios: