sábado, 13 de agosto de 2011

QOTSA "X Rated"

Outro dos vinilos que viñeron onte para casa xunto co de Warsaw, foi esta edición limita de do "Rated R" dos Queens of the Stone Age do 2000, máis coñecido fora dos USA ó principio como "Feel Good Hit of the Summer". A edición en vinilo fíxose cunha tirada limitada, idéntica á edición xaponesa, que en lugar de azul era vermello, i en vez de levar a "R" ben grande de aviso ós pais, levaba directamente unha "X", por facer algo así como unha edición porno, coa conseguinte carpeta interior moi ben decorada. Isto é puro marketing e nada máis, pero bueno, parte do circo para vender imaxe de malotes e tal... No contido o único que inclúe é o corte número #12, 'Ode to Clarissa', un dos seus mellores temas que fora deixado para a cara b do single "The Lost Art of Keeping a Secret" na súa versión orixinal de estudio, supoño que porque é demasiado bestia para a liña do disco . Cousas de ir de rebaixas, pero iso sí, xa habia anos que non o escoitaba, i é un discazo!!!!

QUEENS OF THE STONE AGE "X Rated"
(Interscope Recs, 2000, Vynil Ed)


Como no atopo exactamente esta edición para descargar por ningún lado, déixovos o enlace para a edición Deluxe do 2010, no seu 10º aniversario, un álbum doble, que inclué o "Rated R" no primeiro volume, e no segundo comeza co 'Ode to Clarissa' e segue con catro caras b máis e directos de recheo...

Aquí vos deixo o tema 'Ode to Clarissa' na presentación do álbum en directo no ano 2000 no Vintage Vynil:


No hay comentarios: