Seguro que moitos xa escoitachedes algo desta historia, pero seguro que só a medias, e a maioría nada de nada. O 7 de agosto (domingo do Albariño) celebramos a 3ª Festa do Bigote do Rif-Rock, concurso de mostachos e celebración bizarra donde as haxa... Todo iso xa o sabedes, e seguro que moitos de vós tamén coñecedes a verdadeira identidade do noso superheroe favorito, Super R (R de RifRocKerZ), un superhome que vive 365 días ó ano por e para a festa do bigote... o bó e o malo que ten esta festa é que se celebra xusto no último día das festas, que podes andar por ahí coma un indio todo o día sen que ninguén te chame a atención, pero temén corres o risco que non chegar en condicións óptimas a Festa do Bigote. Moitos dos favoritos nas apostas deste ano (visto o albariño de barbudos que estabamos a ter) non chegaron vivos ó domingo pola noite. Pero ese non foi o caso de Super R, chegou ó concurso, despois de todo un día metido no seu papel, facendo publicidade da festa, obrigando a xente a quedarse, e presumindo por adiantado de que este ano sería o gran triunfador...
documento provisional de Impugnación do concurso da 3ª Festa do Bigote, preparado en caso de resultar gañador Super R. (fai click para ampliar) |
Tanto presumiu de gañador por adiantado que outros aspirantes xa pola tarde prepararon un texto legal de inpugnación do concurso, deixándose levar polo entusiasmo de Super R e considerando a posibilidade dun novo tongo do xurado. Os firmantes apuntaban que Super R non lucía propiamente un bigote ou mostacho, e polo tanto non podería participar en ningunha das categorías premiadas nesta edición, e con moi bó criterio, que para eso teñen estudios xurídicos.
Tedes o documento á vosa esquerda, picade para ampliar.
Pero todo iso xa non fixo falta. Super R chegou á Festa do Bigote... pero chegou tarde. Cando a votación do xurado estaba feita e todo o peixe vendido. Chegou para contempla-la entrega de premios... e ver un ano máis como se lle escapaba a gloria bigotuda por moi pouco, por un erro de cálculo (horario e alcohólico). Pero a historia non quedou ahí... tivo moito máis na re-Festa, na que nos intentou convencer de que era el o auténtico vencedor moral desta edición, insluso analizou o concurso no que non estivo, e prometeu voltar polo entroido... Aquí tedes o que podemos ensinar desa re-festa con Super R...
E ademáis, como vos prometera, aquí tedes o berro de guerra de Super R, convertido en politonos para móbil!!! En tres formatos, mp3 a 128 e 320, e tamén en audio AAC (m4a) para os máis sofisticados...
E ademáis, como vos prometera, aquí tedes o berro de guerra de Super R, convertido en politonos para móbil!!! En tres formatos, mp3 a 128 e 320, e tamén en audio AAC (m4a) para os máis sofisticados...
E o ano que ven máis, xa queda menos para a 4ª Festa do Bigote...
No hay comentarios:
Publicar un comentario