lunes, 15 de agosto de 2011

"The Rocklopedia Fakebandica"

Parece que por fin chegará en español un dos máis delirantes compendios da historia do rock'n'roll, e máis alá. The Rocklopedia Fakebandica é un traballo enciclopédico de T. Mike Childs que recopila tóda-las bandas, músicos e artistas falsos e inventados para a ocasión que aparecen en cine e televesión. Nunha exhaustiva labor documental que recolle bandas, membros, temas, compositores, todo contextualizado no seu momento histórico (real e ficticio) e con todo detalle da súa aparición en películas ou series de tv... ahí están por suposto Spinal Tab, The Rutles, Citizen Dick, Black Plague ou os Solfamidas... e centos de frikalladas máis, e o mellor de todo é que hai moitas máis que se nos escapan e logo teremos que buscar...


T. MIKE CHILDS "The Rocklopedia Fakebandica"
(St. Martin's Ed, 2004, 2011)


Anos despois da publcación do libro, xurdiu un proxecto na rede, que leva o mesmo nome que o libro, (a dirección é http://www.fakebands.com/) e que a modo de wikipedia tenta catalogar on-line todas esas bandas, con novas e permanentes liñas de discusión e para poder ter actualizado todo este catálogo con novos enxendros, que xa é máis coñecida como a Wikipedia Fakebandica. Para perderse!!.


No hay comentarios: