Takekazu Asaka é un filólogo xaponés, profesor de castelán na Universidade de Tokio, moi interesado no noso país. Ese interese fixo que visite regularmente Galiza e que publicara traballos sobre a lingua e traducións.
A última titúlase Canta a Cabanillas e é unha tradución ao idioma nipón de 17 poemas do ilustre poeta cambadés. O libro preséntase este martes día 2 de Agosto na bilbioteca municipal (Casa dos Fraga) a partires das 20.30 nun acto no que ademais do profesor Asaka participarán o alcalde de Cambados, o técnico cultural e biógrafo de Cabanillas, Luis Rei e o académico Francisco Fernández Rei.
É unha iniciativa máis das librarías Cabanillas e Contos, colabora o Concello de Cambados.
Se queredes un pouco máis de información, o pasado xoves 28 publicaron no Faro de Vigo unha entrevista con Takekazu Asaka.
No hay comentarios:
Publicar un comentario