lunes, 22 de agosto de 2011

Supermanager Eurobasket

Para os que se comían as uñas todo o verán esperando volver a xogar, e para os que por fin deixaron de ter pesadelos con tanta estatística, xa está aquí unha nova edición do Supermanager, breve, europea i extresante... 


Durante o EuroBasket 2011 de Lituania, e para facer un adestramento intensivo antes da tempada 2011-2012, desta vez 20 xornadas case sen descanso, cambios tódo-los días e pura lotería!! Por suposto xa creamos unha Liga Privada, buscádea por RIF-ROCK: Liga de Bocazas, e a cuchipanda q??? (o contrasinal é o mesmo que o da liga) nun principio está limitada a 25 equipos, con prioridade de entrada (só un equipo por participante) ós da Liga de Bocazas ACB 2010-2011, se vemos que hai que ampliala, xa o falamos entre todos e listo. E outra cousa importante: o que entre despois da primeira xornada ten que crear un equipo novo i empezar de cero, eh? nada de esperar a terceira xornada para tantear como vai, eh espabilados?
E cando remate, temos unha cea pendente eh???

No hay comentarios: