lunes, 8 de agosto de 2011

3ª FESTA DO BIGOTE

Enorme a 3ª Festa do Bigote de onte!!!, aínda que moitos dos grandes aspirantes nas apostas de toda a semana, non chegaron vivos á madrugada do domingo ó luns. 
Gracias a todos por vir, e sobre todo ós participantes, que son os que fan realmente a festa. 

Os galardoados desta edición 2011 foron: 
Na categoria de Mostacho Absoluto: Alberto Haj-Saleh.
Na categoría de Bigote Falso: Sanni Cerviá.

Aquí tedes a ÓscarTK cos 2 gañadores posando coas súas horteradas conmemorativas e a escultura-trofeo obra do artista Rubén Arenaz:


Ademáis mención especial para Alberto Dominguez 'xugui', segundo clasificado, e o pesado de José Estevez 'bigaro' que durante todo o ano só vive por e para a festa do bigote, pero a súa paixón polos bares fixo que chegara tarde ó concurso (en un par de días xa subiremos algo da re-festa para que valorede-la súa performance e o seu análise dun concurso, no que, repetimos, non estivo).

Aquí téde-lo momento da entrega dos premios, co mestre de cerimonias OscarTK (só falta o minuto da presentación do 'Mostacho Absoluto'):
(*cameraman: El Hombre de Negro Productions)


Ademáis, dende o Rif-Rock e CTK queremos agradecer a formación punk U-los Marinochas polo abundante 'munú', e sobre todo a Rubén Arenaz pola escultura-trofeo conmemorativo (menuda semana para atender encargos, gracias artista!!).

Veña, pois no 2012 máis bigotes e mellores!!!
Aquí vos deixo cunha mostra dos que puidemos ver onte




1 comentario:

Gata Vagabunda dijo...

Foi uma festa muito gira !!!!!

:D