E para rematar (polo momento) con Fela Borbone, imos cun dos seus traballos máis inspirados, o "Stereo Hi-Fi" dos Ulan Bator Trio. Royal Canin, Ulan Bator Trio ou Los Borbones sempre foi o mesmo, con diferente nome segundo o momento. A banda máis do it yourself do planeta , empregando sempre instrumentos construídos por eles mesmos con todo o que atopaban na basura e tocando donde podían, tamén na rúa, por que en moitos bares non lles deixaban. Cecáis na época de Ulan Bator Trio tiveron o seu mellor momento, baixo este nome publicaron dous 7'' e un lp. Este é o primeiro deles, de 1996 "Stereo Hi-fi" que nin está en stereo e o da alta fidelidade queda moi, pero que moi lonxe... na cara-A a extraña historia (recente lenda urbana para que non saiades de festa polas noites) de 'Riñón', e 'Morriña Mongola', unha especie de resposta asturiana ó 'Miña terra galega' de Siniestro Total (pero nada que ver con Lynyrd Skynyrd). Na cara-B 'Sistema Solar' e 'Zombi', imáxinádevos os temas con subtítulos como me cago en el e por el culo me dió un... tráxicas historias, e para rematar coa confesión de 'No sabemos tocar' solo sabemos mear... Logo chegarían o sete pulgadas "Bailando el Caga-Traga" no 97 e por fin o lp "Vinilisimo" en 1998 (si o atopades por algures avisade!!!).
E si queredes escoita-lo que fai agora Fela Borbone, ide o seu myspace: Felón y su Mierdofón, no que está volcado co seu proxecto como solista.
ULAN BATOR TRIO "Stereo Hi-Fi"
(Alehop discos, 1996)
faite con él no blog Música Inclasificable:
No hay comentarios:
Publicar un comentario