Xa había tempo que tiña pendiente compartir este "Radio Control" dos Telephones Rouges. A maioría xa os coñeceredes, pero por si acaso... son de Ogrobe, i este é o seu terceiro traballo (despois de "Liberté, la nuit" en For Noise's Sake no 2008 e "Telephones Rouges" autoeditado no 2008), e desta vez xa con máis recursos, grabado nos estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero a finais do ano pasado, pero mantendo o seu do it yourself 100%. Por fin foi editado este ano, nun vinilo 10'' polo selo barcelonés Mama Vinyla Records. "Radio Control" son cinco temas, que como ben os describe en LaFonoteca.net: su concepción del ruido es anárquica, no tiene ningún sentido ni ninguna forma preconcebida, aunque en sus desarrollos podamos apreciar retazos noise, garage, kraut o punk... o que eu engadiría moito Sonic Youth e Big Black, pero con moito máis descaro ca eles. E hai xa un par de meses que teñen o video clip de "Helio" o temazo que abre o disco, dirixido por Javi Camino (director e guionista de Maldito Bastardo -ver Despregable nº20- e de outros clips recentes coma o de 'Nuestra fé en el veneno' dos Franc3s).
Eu merqueino esta semana por 8€ de nada, e alomenos en Santiago o atoparedes en tóda-las tendas, así que non o deixedes pasar. Senón por suposto tamén podedes descargalo freeeeee no seu bandcamp...
TELEPHONES ROUGES "Radio Control EP"
(TR, 2010 / Mama Vinyla Records, 2011)
facédevos con Radio Control no seu bandcamp.
No hay comentarios:
Publicar un comentario