lunes, 7 de abril de 2008

programación Abril 2008


Xa temos cerrada a programación do mes, así q aquí tedes o avance:
Sábado 12_BLACKY SANTÓRUM: un álter-ego subido de tono.
Sábado 19_DjCHOEU vs NEWRA, nun enfrontamento a golpe de vinilos
Venres 25_RIFROCKERZ.djSet: Sesión Stoner a cargo de Kurco, Comomepos e Munstapha.
Sábado 26_LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE. En concerto, ás 23:30h.

Que os desfrutedes!!!

Casipeo 'Blue Monday' o pasado 15 de marzo

Aquí tedes por fin o video co que Casiopeo pechou a súa sesión xunto con DjChoeu o pasado 15 de marzo. 'Blue Monday', que na anterior subida estaba estropeado, pois iso ahí o tedes...


lunes, 31 de marzo de 2008

Proxecto Edición 2008

ahí tedes o programa completo do Proxecto Edición 2008, no que participa a Embaixada Prusiana, para máis info:

http://www.proxecto-edicion.net/

ou en

http://embaixadaprusiana.blogspot.com

pinchade sobre o programa para ampliar...

Despregable#17. Xa está na rúa!!!

Xa tedes á vosa disposición un novo exemplar do Despregable, e xa van 17!!! Con cuberta de camuflaxe!!!
Contidos Despregable#17:

Marta Álvarez
é unha ilustradora de Vilagarcía, un recente descubrimento na embaixada e que queremos compartir con vós. Disfrutaredes seguro coas súas coidadas e divertidas ilustracións.
Franc3s
chegan dende Carballo (e Vilalba) para sobercollernos coa súa proposta estética e musical, ruídismo e serie-b, contando surrealistas historias acontecidas no seu mundo de artistas de circo sen brazos, estrelas de cine encerradas e mulleres preñadas que reflexionan sobre o seu froito mentres observan coma un caracol se atreve cunha manada de lobos... e todo iso cun unánime recoñecimento de crítica e público, veredes...

Carlos Puga
é un fotógrafo de Vigo, que quixo colaborar con nós a través dunha das súas series chamada, “e logo din que a sardiña vai cara” feita nunha pequena viaxe a Ferrol. Ademáis é o organizador de Fotoxoguete, un dos talleres máis importantes a nivel nacional de fotografía.
Sebastiao Oliveira e o seu colectivo OCUPE A CIDADE, fan unha pequena incursión no noso fanzine dende Sao Paulo, onde desenrolas a súa actividade artística e urbana, Saímos á rúa, pero antes saltamos o charco.
Escoitar.org é un proxecto que busca rexistrar os sons galegos, todos os sons que poidas apreciar por calquer motivo, dende a romaría da túa aldea ata o son dunha fraga. Buscade os sons, habelos hailos...

Ademáis tóda-las seccións habituais: RuidosVsMelodías, Newra nos achega ó comic poñendo fin a súa revisión de Frank Miller, o SPJ nos ofrece o seu boletín trimestral con tóda-las novas do mellor jazz feito aquí (e máis alá) e tódalas recentes edicións discográficas de Free Code Jazz Records. Nas crónicas deste trimestre nos achegamos ó concerto de Triángulo de Amor Bizarro no Marzo Pop de A Estrada, La Cara B, o Despregable Asasino e algunha cousa máis.

E coma sempre, o número se acompaña para socios, anunciantes e outros habituais co cd dobre de alumnos do 6º SPJ de Pontevedra...
Que o desfrutedes!!!

martes, 25 de marzo de 2008

DjCHOEU + CASIOPEO (15-03-2008)

Así foi a tolemia do pasado sábado 15 de marzo. Sería mellor que estivesedes alí, porque as fotos e os videos non son nada... Cando se mestura o dixital co analóxico e coa retrotecnoloxía non se pode recoller en fotos. Ata sonou musica en casette, houbo manequís, a mafia dos sombreiros e a gripe aviar fixo presenza antes de comezar a grabar... polo demáis ¡Estivérades alí!!! Pero para os que non, isto é o que puidemos rescatar, con todos vos...
DjChoeu & Casiopeo.

Casiopeo#7: Temendo Blue Monday!!!







lunes, 24 de marzo de 2008

Unha revisión do KRAUT-ROCK en LdN (1ªparte)

Dende hoxe, como cada día 24 de mes, tedes unha nova columna 'De Ventrílocuos Impostores' en Libro de Notas, desta vez comezando unha serie adicada ó kraut-rock aleman dos anos 70. Esta primeira parte concéntrase en dúas das principais bandas daquel movimento (si se pode chamar así) tan diverso: NEU! e CAN. Que o desfrutedes!!! e xa vos adianto que a segunda parte será o 24 de maio... que en abril hai que variar... haí o tedes, e logo uns cantos vídeos...

http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13347/krautrock-1parte-de-improvisacion-y-metronomia

http://www.librodenotas.com/


Videos:


CAN – Mushroom:


CAN – Spoon (Live)


CAN - Halleluwah (live 1972)


NEU! – Negativland (1972)


NEU! – Hero, Live 1974:


Harmonia berlin 2007:


Harmonia Bonn 2007:

lunes, 10 de marzo de 2008

The Phantom Keys en Le Beat Bespoké de Londres


E para a semana santa, se non queredes pasala con nós, sempre vos podedes largar a Londres para acompañar ós Phantom Keys, que actuatán no Le Beat Bespoké de Londres, xunto con THE HORRORS, THE STAGGERS, THE JAYBIRDS, sobre todo: THE SONICS!!!!!
Tedes + info en:

http://podgroup.typepad.com/lebeatbespoke4/le_bands/index.html

jueves, 6 de marzo de 2008

RIFROCKERZ BLUESBAND - Venres 21 dMarzo

Venres 21 de Marzo (23:30h)
RIFROCKERZ BLUESBAND
Paco Charlín-Sito Suárez-Piti Drumz

Unha nova oportunidade de ver a unha banda única, xa sabedes, á cabeza de todo Paco Charlín ó jazzbass, Sito á guitarra e Piti á bateria... Powertrio instrumental que abarcan dende o blues máis clásico e o rock progresivo, ata o máis salvaxe e improvisado garage ou r'n'b... ainda que coma sempre de seguro que haberá moitas sorpresas, invitados e máis de un espontáneo!!!

Sábado 15 dMarzo: DjCHOEU + CASIOPEO en directo!!!


Cambio na programación, e o próximo sábado 15 desfrutaremos dunha nova tolemia a cargo de DjChoeu & Casiopeo, en directo e presentando un novo show. "Odio o Auténtico" está adicado ás versións, a aquelas que sempre melloran ou superan ós seus orixinais, ou non... unha sesión adicada ós covers, e unha actuación en directo que podemos saber como comeza, pero xamáis como pode terminar, ou ó reves, porque coma os palíndromos, nunca sabes en que dirección tes que lé-los, nin cando terminan, nin cando foi o principio de todo...
Non vo-lo podedes perder...

miércoles, 5 de marzo de 2008

THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Fotos e son.

O pasado sábado 1 foi para THE EVEN FLOW EXPERIENCE. Con medio grupo lisiado e tocando por baixo do público e con algunha que outra sorpresa máis (cantou Tania -Undertown Project- e as puñaladas de V.Karallada...). E aquí tedes o que puidemos salvar do pasado, bastantes fotos, e os videos que non se ven, pero se aínda se escoitan, mesturados en 3 bloques de 10 mins... a ver si sacades algo, pero xuramos que o próximo quedará moito mellor documentado...



martes, 26 de febrero de 2008

Dj COMOMEPOS!!! - Sábado 8 de Marzo

Sábado 8 de Marzo
Dj COMOMEPOS!!!
Por primeira vez na Europa Occidental!!!
Quen sabe qué pode poñer este maldito????
Qué vai poñer?
Cómo nos vai poñer?
Atoparedes pistas en:

http://overfunk.blogspot.com/

Pero mellor será que veñades a comprobalo.
Non vo-lo perdades!!!

domingo, 24 de febrero de 2008

MESSER CHUPS y MESSER FÜR FRAU MULLER en Libro de Notas


Como cada 24 de mes, unha nova entrega dos Ventrílocuos Impostores en Libro de Notas. Desta vez os rusos máis frikis do planeta:
MESSER CHUPS
, ou o que é o mesmo
MESSER FÜR FRAU MULLER
. artigo: http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/13185/de-_messer-chups_-o-el-theremin-diabolico
de ventrílocuos impostores: http://www.librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/

Libro de Notas: http://www.librodenotas.com/

A web de Messer Chups:

http://www.messerchups.ru

E ahí tedes uns cantos vídeo-clips da banda, ademáis de unhas cantas leccións de como construir un theremin na vosa propia casa e de como comezar a tocalo... sorte!!!

Videos:


Messer Chups “Flash of the Night”


Messer Chups “Sex, Euro & Evil’s Pop”


Messer Chups “Swamp Surfin”


Messer Chups "Agent Tremolo"


Messer Chups “Go Satan Go”


Messer Chups “Night of Open Coffins”

Como construir o teu propio theremin:


Lección simple de theremin a cargo de Thomas Grillo:

martes, 19 de febrero de 2008

Retrospectiva de CHOURIZO FILMS


Este Xoves 21 de Febreiro, no dvd clube ARTE i ENSAIO
RETROSPECTIVA de CHOURIZO FILMS:
_NO VOLVERE
_O HOME QUE PUXO EN PE DE GUERRA O MUNDO
_O FUNERAL
_UN HOME DE EXITO
_TO DIE IN TRAGOVE
_TO DIE IN TRAGOVE II

arte i ensaio dvd club
(rúa progreso, nº5 - VIGO)

as 21:30h Colaboran: Vauxhall & Galeria Bacelos
entrada de BALDE + CAÑA Organiza: arte i ensaio dvd club

miércoles, 13 de febrero de 2008

NEWRA 22 de Febreiro


O próximo venres 22 de Febreiro... en riguroso live-act, unha nova e delirante sesión de NEWRA, o noso dj enmascarado favorito, na que Burial pode sonar con Big Black, the Go!Team con Projecto Mourente, Les Savy Fav, Tarantula ou Disco Inferno... SAMPLEANDO O RIF!!!
Non vo-lo perdades!!! dende as 23:30h.

lunes, 11 de febrero de 2008

KURCO SOUND SYSTEM - 90's Explosion

Coma sempre aquí tedes unha selección do mellor do pasado sábado, cortesia de Kurco... pero desta vez tedes para dous discos...
http://www.megaupload.com/es/?d=MFBD088C

miércoles, 6 de febrero de 2008

Despregable#16. Xa está na rúa!!!

Xa está dispoñible o número 16 do despregable, comezando o noso 4º ano de vida con novos contidos, seccións renovadas e moito máis...
Neste número atoparedes entrevistas con Triángulo de Amor Bizarro, Manos de Topo, WOM, o fanzine amigo Lallave, unha exhaustiva reportaxe sobre a obra e miragres de Lydia Lunch, Cineuropa07, e o dossier que desmenuza por completo o 2007, cos discos e comics máis destacados do pasado ano... todo por só 1€...
e xa sabedes, para os que vos fagades socios da Embaixada Prusiana, este número se acompaña de un incunable do rock galego, o álbum homónimo de Stay Pretty, powerpop, garage, rock'n'roll de pinball.. acelerado a máis non poder...
Xa sabedes donde preguntar...

máis en

http://embaixadaprusiana.blogspot.com

jueves, 31 de enero de 2008

KURCO SOUND SYSTEM - Sábado 9 de Febreiro


O SABADO 9 de Febreiro, despois das mascaradas, do antroido, e de multiples alter-egos, volve KURCO SOUND SYSTEM, na sua faceta máis clasica: 90's Explosion!!!

jueves, 24 de enero de 2008

BAUHAUS en LdN

Como cada 24, xa tedes dispoñible unha nova columna 'De Ventrílocuos Impostores' en www.librodenotas.com. E comezamos o ano falando do retorno de Bauhaus.

















o tedes aquí:
http://librodenotas.com/deventrilocuosimpostores/12966/de-bauhaus-o-el-ritmo-sobre-la-oscuridad
e ahí van uns cantos videos...

Bela Lugosi’s Dead

In the Flat Field

Telegram Sam

Passion of Lovers



martes, 8 de enero de 2008

RifRockerZ.DjSet destripando o 2007


SÁBADO 12 de Xaneiro
RIFROCKERZ.DjSet
E chegou o día de poñer punto final a un ano mediocre no tocante á música, pero que deu moito máis de sí gracias a Huguito "el venesolano bolivariano revolusionario", ó "¿PQ no te callas?", a patéticos retornos de míticas bandas... pero sobre todo voloveu para quedarse... a que xamáis se foi... Britney Spears.
Repasaremos un ano de música, de singles, de directos, de remezclas, e tamén nos lembraremos da mamarracha máis grande do Pop... non vo-lo perdades!!!