lunes, 23 de junio de 2008

3ª parte do artigo sobre Screaming Lord Sutch, no blog do Trasno

SCREAMING LORD SUTCH
"El Espectáculo Garantizado"
Capítulo 3:
"Dos años después aparece el Lp “Hands Of Jack The Ripper”, directo basado sobretodo en versiones de Chuck Berry, Jerry Lee Lewis y Little Richard; en este caso las colaboraciones incluían a Ritchie Blackmore , Matthew Fisher, Nicky Hopkins, Keith Moon (The Who), Nick Simper o el batería original de los increíbles Savages, Carlo Little. No editaría su tercer Lp hasta 1.982, en el que alterna grabaciones de estudio y en directo, “Alive & Well”...."

para ver o artigo completo do Sheriff Lorre visita:
http://otrasnorocknsoul.blogspot.com/2008/06/screaming-lord-sutch-el-espectculo_17.html


jueves, 19 de junio de 2008

MAÑAN VENRES 20 dXUÑO
NON ABRIMOS POR
DESCANSO DO PERSONAL.

PERO O SÁBADO (21 dXUÑO)

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

(disculpen as molestias, que se di nestes casos...)

miércoles, 18 de junio de 2008

O album da semana: "The Lucky Ones" de Mudhoney

20 anos despois seguen a poñernos a cen, coma o primeiro día e ata hoxe,
esta semana toca o protagonismo ó novo álbum de
Mudhoney
"The Lucky Ones"

(Sub Pop Recs. 2008)

Que lonxe de continuar co son dos seus últimos álbumes
"
Since We`ve Become Translucent" do 2002 e
"
Under a Billion Suns" do 2006,
que siguen un retorno ó garage máis clasico influenciados nese momento
pola aventura de Arm e Turner con The New Strychnines...
pero agora retornan 25 anos atrás,
revivindo ós sonidos máis ásperos i escuros dos tempos de Green River...
pura historia de música, sen eles non habería anos 90 nen século XXI...
a auténtica bso das nosas vidas.


Déixovos o enlace do blog dos 'Toster Brosters'
e así de paso que vos sirva de recomendación,
que a día de hoxe xa debe de estar no 'top20' de moitos de vós:

(para a descarga, picade na parte baixa, en 'I feel lucky')

http://tosterbrosters.blogspot.com/2008/05/mudhoney-lucky-ones-2008.html

martes, 17 de junio de 2008

2ª parte do artigo sobre Screaming Lord Sutch, no blog do Trasno

SCREAMING LORD SUTCH
"El Espectáculo Garantizado"
Capítulo 2:
"Era en los conciertos, a los cuales la banda solía acudir en aquella época en una ambulancia con un cocodrilo rosa encima, donde mostraban su espectáculo imparable, y es que ningún concierto de aquellos años podía comparase con el enorme show que era ver a Screaming Lord Sutch con sus Savages..."

para ver o artigo completo do Sheriff Lorre visita:
http://otrasnorocknsoul.blogspot.com/2008/06/screaming-lord-sutch-el-espectculo_13.html

jueves, 12 de junio de 2008

Artigo de Screaming Lord Sutch, polo Sheriff Lorre no blog do Trasno (capitulo1)


Fantástico artigo por entregas de
SCREAMING LORD SUTCH
polo Sheriff Lorre
no blog de otrasnorocknsoul:

Este hombre fue una de las figuras más entrañables, divertidas y extravagantes que aparecieron en la década de los sesenta en ese hervidero de música que era el Reino Unido. No fue nunca considerado como parte de la “British Invasión”, seguramente por no conseguir ningún éxito comercial en su momento, pero desde luego marcó una época, tanto a nivel estético –fue uno de los primeros “melenudos” de la historia del Rock’n’Roll, además de su increíble indumentaria, con sombrero de copa, larga capa negra y pieles de leopardo-, como a nivel musical, ya que continuó la estela del gran maestro Screamin’ Jay Hawkins en el shock rock, vinculando el rock’n’Roll con la provocación teatral, todo ello basado, por supuesto, en el terror y en lo macabro. Fue además un personaje reivindicado por las siguientes generaciones, sobre todo con la llegada del punk (los Sex Pistols lo citaban como una referencia, los Rezillos/Revillos hacían versiones de varias de sus canciones), incluso se le reconocería con el título de “padre del punk”. Vamos, pues, a adentrarnos un poco en el fantástico mundo de Screaming Lord Sutch…

Para ver o artigo completo:
http://otrasnorocknsoul.blogspot.com/2008/06/screaming-lord-sutch-el-espectculo.html

e estade atentos ás novas entregas!!!

lunes, 9 de junio de 2008

O Álbum da semana: "Danger: Diabolik!" 1968

Ahí vai, por aclamación popular,
e por que algún pesado non pode nin esperar dous días...
ahí o tedes, a fantástica BSO de
"
Danger: Diabolik!!!"
do mestre Ennio Morricone de 1968:

http://www.megaupload.com/?d=T5X4KUSF
Iso sí a peli xa é cousa túa crisis que non penso subila...

miércoles, 4 de junio de 2008

Sábado 7 dXuño - DjCHOEU: Funk!!!



SÁBADO 7 dXUÑO
DjCHOEU
FUNK!!!


Este sábado unha nova tolemia de DjChoeu, desta vez unha sesión adicada ó Funk, ó máis ritmico da música negra, dende James Brown ou Pucho (tamén Brown) ou a Quantic Soul Orchestra ata a heterodoxia de Bongolian/Big Boss Man ou fillísimo Femi Kuti, revivalistas coma David Holmes ou os entrometidos Cypress Hill... Sempre hai sitio para todo nas sesións de DjChoeu... desta vez Boogaloo, Funk Carioca, Samba-Soul, Be-Bop, os baúles dos Funk Drops, de Spectrum, ou as rarezas de Vampisoul...
Se queres bailar, este sábado xa sabes donde...


VENRES 6 dXUÑO: RAMONETURE INTERMITENTE SESSION


o 5 de Xuño de hai 6 anos aparecía morto por sobredose na súa casa
Dee Dee Ramone,
alma, compositor e case única cabeza pensante dos Ramones.
Coma outros anos, o venres posterior facemos un homenaxe intermitente
con temas da banda, demos, versións, directos ou as
orixinais que eles se encargaron de destrozar
VENRES 6 dXUÑO
RAMONETURE
INTERMITENTE
SESSION


FUNK! con DjCHOEU

PUCHO BROWN AND HIS LATIN SOUL BROTHERS.

Spanky Wilson & the Quantic Soul Orchestra - Don't Joke.

BONGOLIAN:

FUNK! con DjCHOEU

Sábado 7 dMaio
Rif-Rock convídavos a unha nova tolemia de
DjCHOEU: FUNK!


e ahí van unhas cantas mostras de introducción:

Quantic Soul Orchestra – Pushin’ On:

Femi Kuti "Black Man Know Yourself" part 1:

Femi Kuti "Black Man Know Yourself" part 2:

mondo rifpop - Danger: DIABOLIK!!!


Danger: Diabolik! É unha desas pelis de culto que todo o mundo tivo que ver algunha vez de pequeno, seguramente na TVG e nunca máis volveu ter oportunidade de desfrutar.
Está dirixida por Mario Brava, en 1968, i está inspirada nos comics do mesmo nome que triunfaron en Italia a comezos dos anos 60.
É puro cine de ciencia ficción dos 60, divertida e de acción, a miudo comparada con Barbarella (tamén basexada noutro comic) pero moi superior no cinematográfico... por iso hoxe inauguramos sección con esta película, pero sobre todo, por dous iconos imprescindibles nas nosas vidas: Marisa Mell e Ennio Morricone!!!

Pero vaiamos coa película: Diabolik (John Phillip Law, mitico actor do xénero que tamén sae en Barbarella), é un ladrón afortunado, ten todo o que quere no material e ademáis ten ó seu lado á muller máis fermosa do mundo (Marisa Mell), pero non pode durmir pensando en que hay no mundo moreas de cartos e xoias que roubar, de xeito que tanto o goberno como a mafia o persiguen... O intelixente Diabolik non duda en matar ós que se poñen no seu camiño cando algo sae mal, e a súa compañeira sempre emprega os seus encantos femeninos para consegui-lo que desexa (descargádea da mula que non vos conto máis) Tan políticamente incorrecto que hoxe catalogarían o filme de apoloxía do terrorismo e a censurarían en máis de catorce ou quince paises que eu me sei...

O director Mario Bava adicábase normalmente ó terror gótico, aínda que tocou tódo-los paus posibles, máis desta vez, a súa adaptación do comic “Diabolik” foi a que lle fixo figurar con maiúsculas fora daquel xénero e superalo. Nesta adaptación semilla unha mestura entre James Bond 007 e Batman, cunha bat-cova de diseño, coches de luxo e moita máquina futurista con luces sobre cartón... que tamén ten cousas cutres se non, non se entendería...

Pero hai outro elemento na peli que a fai única, a banda sonora, a cargo de ENNIO MORRICONE (“Danger: Diabolik” - 1968), que podedes desfrutar ó longo de toda a peli, pero por suposto facédovos con ela xq é tremenda, be-bop, surf, beat, pop e psychodelia... unha xoia!!!


Ademáis entre as moitas escenas destacan habitualmente dúas: a máis famosa é cando Diabolik e Eva están na supercama redonda enterrados entre os billetes do seu último golpe, outra cando a policía fai a redada antidroga no bar psicodélico do mafioso Balmont, pero máis tremendo é cada vez que sae Eva (Marisa Mell) explotada neste film coma icono sexual en cada segundo.

Cos anos segue a ser considerada como unha das mellores, senón a mellor adaptación do comic ó cine, polo que cada tantos anos vemos como surxen novos imitadores-plaxiadores, e outros tantos agradecidos homenaxes.
Haí tedes o trailer da peli, e outra aparición de Marisa Mell (en Crazy Party, de morena, como saía habitualmente:

Danger: Diabolik!!! (trailer):

Marisa Mell – Crazy Party:

MONDO RIFPOP!


Inauguramos esta sección logo de varios intentos que se foron deixando por cuestión de tempo, pero agora sí, iremos ofrecendo con certa frecuencia unha serie do que chamanos Iconos rifPOPerz, por canto con icono da cultura popular, sexa underground ou non, tampouco imos ser sempre os raros do barrio, e no que caberá de todo, músicos, películas, homes, mulleres, cousas... o que sexa.

martes, 3 de junio de 2008

RAMONES Intermitente Session - Clips#2

Outros tres, o fantástico Psycho Therapy, o tamén moi ochenteiro Time has come Today, que igual é o seu video máis coñecido... estas dúas son do fantástico 'Subterranean Jungle' de 1983. E por último unha sinxela montaxe con Chain Saw, con imaxes do filme que inspiraron o tema (The Texas Chain Saw Massacre)

Psycho Therapy:

Time Has come Today:

Chain Saw (montage con The Texas Chain Saw Massacre):

RAMONES Intermitente Session - Clips#1

E agora videoclips, algo no que na súa extensa carreira non se estiraron moito, e sobre os que nunca tiveron moita decisión, pero algún son moi bos...
Pet Sematary, para a película inspirada na obra de Stephen King, I want you around (canto dano fixeron os 80!!!) e o video de animación sobre o tema de Spider-Man, quizais o máis destacado de todos...

Pet Sematary:

I Want you Around:

Spider-Man:

RAMONES Intermitente Session - Live

Ahí tedes 3 videos dos Ramones en acción. Primeiro Today Your Love, Tomorrow the World, un dos meus temas preferidos dos meus tocaios, de como un pequeno rapaz alemán precisa desa nena entes de conquista-lo mundo para o führer, logo unha actuación no mítico CBGB, e de terceiro un incunable do 74:

Today Your Love, Tomorrow the World (Live 1977):

Pinhead (Live CBGB 1977):

Judy is a Punk (1974):

Gabba Gabba Hey!!!



O dos Ramones foi único. A súa capacidade de sobrevivir ás modas ó longo de 25 anos foi sorprendente, tanto como a contradictoria historia dos catro de Queens, que pasaron de ser carne de yonki a comezos dos 70 para converterse en nenos mimados pola industria, recibir premios ipensables e converterse en historia viva na segunda metade dos 90 recibindo masivas e continuadas despedidas.

“No tenía adonde ir -confesó sobre sus comienzos en la banda Dee Dee-, entonces, cuando salí de la cárcel, volví a vivir con mi mamá, y estaba este tipo, John Cummings, que después iba a ser Johnny Ramone, que vivía enfrente y era bueno conmigo”.

Según Joel: "Conocín a Johnny de velo no instituto. Tommy e él eran amigos e estaba na mesma banda que o meu irmán Mitch. Logo fíxenme amigo de Dee Dee, que era amigo de Johnny. Coñecémonos todos e preguntoume se quería formar unha banda".Segundo a lenda, o nome dos Ramones ven dun antigo nome artistico que empregara Paul McCartney, aparecendo en público coma Paul Ramone, co cal a banda nace coma unha parodia-homenaxe a un icono pop.

Tocan covers das súas bandas favoritas (‘I fought the Law’, dos Bobby Fuller Tour, ou ‘Sheila’ de Tommy Roe). O 30 de marzo Dee Dee (baixo e voz), Johnny (guitarra) e Joey (batería) debutan no Performance Studio ante trinta persoas. Pero Dee Dee non era capaz de tocar e cantar ó mesmo tempo, así Joey pasa de baterista a vocalista, e o novo baterista... o manager da banda Thomas Erdelyi, dende entón Tommy Ramone.

En novembro do 75 firman con Sire Records, selo no que estaban case tóda-las bandas do punk NYC, coma Richard Hell & the Voidoids, Talking Heads e os tremendos Dead Boys.Neste contexto Ramones aparecerían na película “Blank Generation” de Amos Poe que logo se converteu nunca peza de culto do cinema independente e na que tamén aparecen Patti Smith, Talking Heads, Blondie, New York Dolls, Wayne County ou Televisión.

En 1976 publican o seu 1º Lp Ramones. E de inmediato viaxaron a Londres para tocar, alí foron recibidos polo máis escollido do movimento punk da city (Sid Vicious, Johnny Rotten, Malcom McLaren, Joe Strummer e Paul Cook), pero o pasotismo dos catro de Queens superaba con moito a actitude burlesca combatente e pseudo-política dos británicos...

Pronto chegaron os cambios na formación: Marky sentouse na batería en lugar de Tommy, e dende ahí terminou por configurarse unha estética que acompañaría á banda por sempre: chaqueta de coiro, gafas escuras e vaqueiros destrozados. Pero as diferencias continuaron. Marka abondonou. Entra en escna Richie Ramone. A tensión reaparece cando se plantexan cambios na esencia musical da banda. Fronte á new wave, neses anos os Ramones contestan con Subterranean Jungle, Too Tought to Die ou Animal Boy, que con algunha concesión ó tempos son álbumes de pura enerxía, bizarrismo e diversión auténticamente punk. Un dos clásicos a citar, foi cando o escritor Stephen King propuxo á banda que compuxera o tema principal da película Cementerio de Animales, logo que recibiran o N.Y. Music Awards. Pero todo iso xa é historia e xa o sabedes... Dende mediados dos 90, e tras sobrevivir a todo tipo de modas e tendencias, e segundo din, moitos anos sen falar entre eles puxeron final á banda en 1996. En 2001 Joey Ramone morreu dun cancer linfático.

Dee Dee Ramone apareceu morto o 5 de xuño do 2002 na súa asa por sobredosis, e en 2004 Johnny Ramone morreu de cáncer de próstata...


Munstapha e DjChoeu este fin de semana no Rif-Rock



Este fin de semana ides levar paliza por partida dobre:

VENRES 6 dXUÑO:
Ramoneture Intermitente Session
Unha homenaxe ós Ramones no aniversario da morte de Dee Dee
con moito dos Ramones, demos, versións, directos e as orixinais que eles destrozaron.
Todo a cargo de
Munstapha nunha sesión intermitente.

SÁBADO 7 dXUÑO:
DjCHOEU
FUNK!
Bastante claro para ter nada que explicar,
pero con DjChoeu nunca sabe...

Non vo-lo perdades...

lunes, 2 de junio de 2008