martes, 16 de septiembre de 2008

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín. Videos (4ª parte)



Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín. Videos (3ª parte)

Comanche:


Teenage Letter:


Whistle Bait:

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín. Videos (2ª parte)

The Party:


Patty Baby:


The Witch:

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín. Videos (1ª parte)

Ahí van algúns videos do concerto de
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE
CON
PACO CHARLÍN:
entre elas a tremenda "Topless a Go-Gó":


Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con Paco Charlín. algunhas fotos do sábado 13





jueves, 11 de septiembre de 2008

9 anos de Rif-Rock con LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE!!!



ESTE SÁBADO COMENZAMOS OS FESTEXOS DO 9º ANIVERSARIO DO RIF POR TODO O ALTO CÓ ESPECTÁCULAR DIRECTO DE
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

+ Invitados Especiais
(dende as 23:30)

E TRA-LO CONCERTO, SESIÓN A CARGO DE
LA LORRE INCORPORATED Dj.Set

NON VO-LO PERDADES!!!


E A PRÓXIMA SEMANA MÁIS...

miércoles, 10 de septiembre de 2008

¿Cal é o disco que máis veces escoitáchedes na vosa vida?

Nesas conversas sobre música a altas horas da noite, moitas veces xurde a pregunta de ¿cal é o mellor disco da historia? según quén te pregunte podes intuir por donde van os tiros, pero a túa resposta sempre estará entre un abanico de álbumes que varian de un día a outro, ou sexa que de entre cinco ou dez álbumes, veña... ou quince... segundo o día respostarás un ou outro... pero o outro día fixéronme unha pregunta por primeira vez na miña vida:
¿Cal é o disco qué máis veces escoitaches na túa vida?

eu dixen que non sabía, dixen por instinto unha serie de discos de Radio Birdman, Hendrix, Stooges, Bauhaus, Hoodoo Gurus, Pere Ubu... así sen pensar. Ó día seguinte, pola tarde, estaba na casa, acércome ó meu tocadiscos, e alí estaba posto. Cando o vín acordeime da pregunta do millón... e só por un momento pensei cantas veces escoitara ese vinilo. Por suposto que non o sei, pero lembro que o merquei no instituto, no 93 ou no 94, con 14 ou 15 anos... cando escoitei aquel disco enteiro comprendin moitas cousas, e aínda que nunca estaría nunha lista dos mellores álbumes da historia, e nin sequera o citaría como o disco que cambio a miña vida nin nada diso, sí é o que máis veces escoitei, e por suposto dos que me máis me gustan dos miles de discos que teño. Algo incomprensible, pero sí, é certo, a maioría das veces que fago xirar o plato na miña casa é para escoitar este disco:
a Vinganza de T.S.O.L.


Sí amigos, con esta macarra de portada, pero é que eran os 80's:
T.S.O.L.

Revenge
(1986)

é como sei que pouca xente os coñece, ou nin diós, ai van uns apuntes:

TSOL son as siglas de TRUE SOUNDS OF LIBERTY, pero a banda é coñecida polo seu acrónimo, e non polo seu nome.

Formáronse no 79 en Long Beach, formando parte da oleada de hardcore que nesas datas invadiu California. Comezaron a publicar no 81, cun Ep homónimo ó que seguir o debut en largo con 'Dance with Me' na que adiantaban as súas señas de identidade: ritmos machacóns, guitarras escuras, atmósferas envolventes e moitas influencias anárquicas tomadas do freakbeat e da psicodelia máis escura dos 60, todo xunto para facturar un punk na onda dos (auténticos) Misfits pero moito máis serio, elaborado i escuro, o horror-punk levado ó hardcore, cun sonido envolvente que superaba con moito calqueira intento anterior neste estilo. Seguiron 'Beneath the Shadows' e 'Change Today' no 82 e 84, dous álbumes con matices moi distintos. En 1986 todo cambia e tras algún cambio de formación publican o extrano 'Revenge'. O álbum que lle dou fama case mundial naquel momento, e que fixo que tódo-los seus seguidores renegasen da banda. En moitos sitios poderedes ler que é un album de matal-gótico, metal-punk, ou incluso de glam-metal como escribiu o lumbreras que fixo o artigo desta banda na wikipedia en castelán... (puf, nin puta idea!!!) Nada que ver con todo iso. É certo que o cambio é drástico. Os estereotipos punk desaparecen agás no último corte 'Everybody's a Cop', o resto do disco é un álbum fantástico de rock escuro, con moita influencia hardcore, e sí moitos pasaxes influenciados pola darkwave, pero nada de glam, nin de metal. É un disco de rock, crudo e oscuro, no que o sonido se volve máis denso, con moito pouso hardcore, e aínda así, co paso dos anos segue soando a extraño. Logo viñeron 'Hit and Run' e 'Strange Love', nos que definitivamente perderon o sentido, posto que mesturaban temas acelerados de punk coma na súa primeira etapa, con outros máis pausados i escuros, na onda do revenge que escarallaban por completo con toques de guitarra glam (esta vez sí) e coros na onda do que se chamou 'hairmetal' (lembrades rockeiros nenazas con pelos cardados?). Como anécdota, nese momento fixéronse aínda máis famosos a rebufo dos Guns'n'Roses, pq no clip de Sweet Child of Mine aperecían con camisetas de TSOL... de pena. E por suposto tiveron que separarse, para volver en 1996, da man de Epitaph, pero desta vez para facturar o merchandising da compañía que estaba a abasalla-lo mundo, punk de chicle e hardcore melódico de chiste (igual que os Misfits, outra vez xuntos...) e re-editaron os seus tres primeiros discos, nunca o Revenge.
Unha traxedia de historia non?. Pero polo menos teñen qué contar. Pois esta é a historia do disco que máis veces escoitei na miña vida. Tremendo.
E aquí vo-lo deixo, recomendándovos o blog de Power-Ride, que donde este álbum está mellor ripeado de toda a web:
http://rapidshare.com/files/55979888/TSOL_-__1986__Revenge_www.powerride.blogspot.com_por_SORIEDEM.rar


e aquí vos deixo uns cantos vídeos:
en directo no 81:

o clip de 'Colors' do album Revenge (vaia pelucas!!!):


Unha das súas aparicións na pelí Suburbia
(de Penelope Spheeri -1984) cando apuñalan ó público no seu concerto:



Thoughts of Yesterday en directo:


E o fantástico clip de 'Silent Scream', na súa etapa maís gótica...


martes, 9 de septiembre de 2008

9º anos de RIF-ROCK!!!


Sábado 13:
O Salvaxe e divertido directo de
Los HIJOS BASTARDOS
de PETER LORRE

+ Sesión especial a cargo de
La Lorre Incorporated dj.Set


Sábado 20:
INCOMODO
Engranaxes Musicais a Presión


Venres 26:
unha nova actuación da fabulosa i exclusiva
RIFROCKERZ
BLUESBAND

(Paco Charlín + Piti 'drumz' + Sito Suárez)

+Jam Session

*Tódo-los concertos comezan ás 23:30h.

E ademáis sesións especiais:
Venres 19
HENDRIXXX
Rif-Rock Experience
(Sessión Intermitente de Munstapha & RifRocKerZ.DjSet
no aniversario da morte do xenio xurdo)

Sábado 27
RifRocKerZ.djSet
Retro-Beat
(unha noite de puro ritmo no que a cultura sixtie
se da a man coas novas tendencias, con adiantados
pioneiros e tolos visionarios!!!)

Non faltedes!!!

Venres 12. IV Festival de Jazz do Salnés, con Paco Charlín.



este VENRES 12 , integrado na Festa da Vieira de Cambados.
IV Festival de Jazz do Salnés
coas actuacións de
PACO CHARLÍN
ANDRÉS RIVAS JAZZ TRIO
THE KHRONICLE ACOUSTIC QUARTET

ó concerto celebrarase ás 22:00h. e nun principio está programado para a Praza do Concello, pero seguramente se mude o lugar por tratarse dun dos espacios peor axeitados para a celebración dun evento deste tipo.
Se hai novas avisamos...

WIRE: Object#47


E por suposto que non vos ía deixar sen o novo álbum de Wire.
Do anterior a este son 31. Máis de tres décadas de parmanencia noutro escalón moi distinto ás bandas normais, ós superhits, ó underground máis belixerante... a todo. Wire están no seu escalón, que non comparten con ninguén porque moi poucos os superan e ó que case ninguén chega... para quenes os coñecedes (todos deberiades coñecer a Wire) xa sabedes qué é Wire, e para os que non, só decirvos que dende 1977 están por diante de todos, que disco tras disco modidfican o seu discurso, entre 1977 e o 79 editaron unha triloxía inicial na que adiantaban toda a música que viría nos seguintes 25 anos, logo cambiaron, despois fixeron outra cousa, máis tarde volveron ó de antes facéndoo de outra maneira... e agora, e dende comezos deste século, cun Colin Newman hiperactivo e unha vez resucitado o nervio no 2003, entrégannos este
object 47
(Pink Flag, 2008)

que por suposto é a súa edición nº47, e na que, por qué non dicilo, sorprenden menos do que eu esperaba, pero siguen na onda do Send e da serie Read & Burn, un pouco máis ambiental e un pouco máis pop, pero sempre con moito ritmo, ruído e por riba de todo elegancia. Dende logo que se notan os posos de Newman no seu traballo parallelo con Githead, e áinda así seguen a estar moi por encima dos demáis.
Desfrutádeos no blog 'Messineto' (picade en messi para descargar)

e aquí tedes o video do seu single One of Us:

lunes, 8 de septiembre de 2008

O album da semana: "Pink Flag" de WIRE (1977)

Esta semana, ante as novas preguntas polo tema "three Girl Rhumba", deixovos un dos meus álbumes favoritos:
PINK FLAG de WIRE.

Unha das mellores e máis grandes bandas do planeta no seu álbum de debut, toda unha obra mestra de punk, na que xa en 1977 podiamos adiantar a música que viría despois. Aquí o podedes descargar, no blog de El entre piso:
http://delentrepiso.blogspot.com/2008/03/wire-pink-flag.html
http://www.mediafire.com/?wliheg9ejxz

e vos deixo a columna 'Gravacións Perdidas' do Fanzine Despregable adicada a este álbum no seu 30º aniversario (Despregable nº13_abril-xuño 2007)
"...nos remontamos 30 anos atrás, Reino Unido, o ano do punk. Marco McLaren e o seu xoguete (Sex Pistols) axitaban a vida musical, cultural (sobre todo no que ó deseño se refire), social e política, no ano do xubileo da Raína Isabel. O escándalo foi tan intenso coma breve, as consecuencias, entre outras, a creación dun estereotipo do PUNK copiado dos Sex Pistols, o cal era tan contrario o punk, que morreu coma movemento coherente case ó día seguinte do debut de Roten e cía. Pero houbo máis... Este álbum de Wire saíu a finais de ano e tivo unha nula repercusión entre os seguidores do movemento punk, non se adecuaba a eses clixés, moi pop, moi arrítmico... unha banda de vangarda. Era un álbum extrano. Se o punk reutilizaba as estructuras do rock clásico, Wire conseguían con guitarra-baixo-batería unha rítmica e unhas melodías tan enxeñosas e innovadoras coma simples e incomprensibles no 77. Isto unido ós seus 2 seguintes álbums [“Chairs Missing” do 78 e "154" do 79] conforman unha triloxía imprescindible na que se introduce a electrónica, secuenciadores, atmosferas obsesivas, ritmos imposibles e todo nunha evolución que vai dende o punk máis básico e primitivo ata o post-punk, o pop, o noise e moitos máis paus. 3 Lps en 3 anos que revo-lucionaron a música dos 70, e adiantaron a dos 80 e dos 90 [e máis alá] O segredo: ser unha banda guitarreira tentando soar a calquera cousa menos a iso. Deste xeito temos ante nós unha banda imprescindible para comprender dende as primixenias bandas de hardcore californiano avaladas por SST (Minutemen é un claro exemplo...), o estoupido brit-pop dos 90 (a rebufo de MADchester), e do revival post-punk (moi directamente en bandas tan boas coma Erase Errata ou Liars). A anécdota estúpida: o grupo Elastica. Nos 90 Wire volveu á palestra mediática por culpa desta ‘orixinal’ banda que se adicou a plaxiar os seus temas: o seu 1º single ‘Strutter’ era un plaxio de ‘I am the Fly’ de Wire, e ‘Connection’ (o seu tema máis coñecido) outro plaxio do ‘Three Girl Rhumba’ deste mesmo álbum que estamos a comentar. A ‘Bandeira Rosa’ de Wire comezaba a facerse demasiado influínte para o mainstream. ‘Ex-Lion Tamer’, ‘Start to Move’, ‘Lowdown’, ‘Field Day for the Sundays’ (os mellores 28 segundos das vosas vidas…) e a fantástica ‘Mannequin’ son algúns dos 21 cortes de álbum, breves e intensos, acelerados ou pausados, melodías e arritmias, punk e pop, todo está neste álbum imprescindible. Se isto non vos fai vibrar é que estades mortos por dentro..."
Publicado no Despregable nº13 (abril-maio 2007)

E aquí tedes unha das xoias do álbum, "Field day for the Sundays" (ninguén dixo tanto en tan pouco tempo, e sen darse prisas...):

sábado, 6 de septiembre de 2008

Munster aGoGo. 25 anos de Munster en RdL.

Hoxe non vou a subir ningún álbum nin vos vou dar o enlace doutro blog para que o atopedes, hoxe quero recomendarvos que vaiades ó kiosco, libreria ou o que teñades máis cerca e vos gastedes 5.10€ para comprar a ROCKDELUX deste mes de setembro (nº265-sept2008) e vos fagades co fantástico cd de homenaxe ós 25 anos da máis autentica disqueira estatal:
25th Anniversary
MUNSTER A GOGO

un recopilatorio tremendo da súa labor como distribuidora e re-editora, con The Monks, os peruanos Los York's, Los Yakis, coyotes, The Black Lips, os meus favoritos The Dirtbombs, clásicos como Nikki Suden ou The Nomads, auténtico punk con The Scientists ou The Gun Club, Jonathan Richman, The Neanderthals, e os máis grandes de tódo-los tempos: The Sonics... e moito más ata 20 temazos do seu tremendo catálogo (e iso sen meterse nos subselos Vampisoul e demáis)... tremendo, así que gastádevos un billete pequeno por este disco e depaso tedes un cento de páxinas para ler, e despois criticar!!!
Go-go Munster!!!


jueves, 4 de septiembre de 2008

9º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK!!!



XA TEMOS O PROGRAMA DE CONCERTOS PARA CONMEMORAR O 9º ANIVERSARIO DO RIF-ROCK ESTE MES DE SETEMBRO (ainda que xa sabedes que foi o 2 dXullo non?)

Sábado 13:
O Salvaxe e divertido directo de
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

[+ LaLorre Incorporated dj.Set]

Sábado 20:
INCOMODO
e os seus Engranaxes Musicais a Presión
nos que a electrónica se mesturan co clasicismo e a improvisación

Venres 26:
unha nova actuación da fabulosa i exclusiva
RIFROCKERZ
BLUESBAND

(Paco Charlín + Piti 'drumz' + Sito Suárez)
+Jam Session

*Tódo-los concertos comezan ás 23:30h.

Pero ademáis estade atentos a tóda-las sesións especiais que iremos anunciando cada semana, pop, garage, homenaxe a Hendrix, e moito máis en setembro, no Rif-Rock...
Non faltedes.

o album da semana: "Got Live if you Must" de REDD KROSS



Dende xuño xa está dispoñible en todas partes, pero como me preguntaron tantas veces por el, e mirando pola rede tampouco o atopin por blogs, aquí vos vai:
REDD KROSS
"Got Live if You Must!"


a falta do novo album, que xa o levan anunciando dende hai catro anos, a comezos do verán Bittersweet editou este dvd grabado na Joy Eslava de Madrid no 2007 (e iso que todas as crónicas da xira do ano pasado polas españas decían que ese fora xustamente o peor de tódo-los concertos con moita diferencia), e que se acompañaba con un cd a modo de recopilatorio de hits, un par de caras-B e un tema novo, ahí vai, para despistados e impacientes:
http://www.megaupload.com/?d=0N4RW14K

e aquí vos deixo co trailer do dvd, pero antes co clip dunha das miñas preferidas,
Jimmy's Fantasy:



miércoles, 3 de septiembre de 2008

Modesty Blaise en Mondo RifPOP


Na liña de Diabolik e Fantômas, outro dos nosos persoaxes favoritos é a tremenda Modesty Blaise, protagonista do comic do mesmo nome e logo adaptada en numerosas ocasión ó cine e tv.

Modesty Blaise era (ou é) unha morena espectacular sempre embutida no seu traxe de coiro negro, na imaxe máis característica que a convertiría nun dos maiores iconos POP dos 60.
Na historia, Modesty é unha moza sen pasado, do que só recorda ó profesor Lob, quen a atopou, a educou e lle puxo o nome de Modesty, porque precisamente iso era o que lle faltaba.
Ó crecer, Modesty Blaise lidera unha banda criminal, xunto con Willie Garvin, que se adica a todo o que lles de beneficio agás drogas e prostitución (canta corrección política nos 60...)
Avanzada a historia, coas ganancias deciden retirarse e vivir a boa vida, ata que o Servicio Secreto Británico contrata os seus servicios coma comando especial de espionaxe (sí vos está sonando a serie 'Alias', sí, menos a primeira parte, todo é igual).
Modesty Blaise naceu en 1963, obra de Peter O'Donnell e debuxada por Jim Holdaway (e dende 1970, e trala súa morte polo catalán Enric Romero) inicialmente publicándose no The Evening Standard a diario, e logo noutros dirarios ou semanarios (entre outros no Daily Express) ininterrupidamente ata o 2001.
Esa imaxe de espía de acción de forte carga erótica a convertíu en carne de cine. Joseph Losey fixo a adaptación "Modesty Blaise" en 1965, contando don Monica Vitti para o papel protagonista, aínda que no cine a convertirían demasiado nunha versión feminina de 007 que sempre salva o mundo do malvado de turno en medio da fevre atomica gracias ós seus artiluxios retrofuturistas, e obviando toda a carga de mafiosa, estafadora e ladrona propia da súa dualidade moral.
Pero aínda peor é a basura que Quentin Tarantino presentou ó mundo no 2003: "My name is modesty", no que non hay nada do noso persoaxe, agás unha interpretación do que debeu ser o seu pasado co profesor Lob mentres descubrimos que... si dediquei unha hora e media da miña vida eso vós tamén podedes, pero como sempre, mellor que vaiades ó orixinal, aquí van dúas escenas (lástima que non atopei nin o trailer, nin o comezo da peli, que son tremendos!!!):


Adeus Trasnos



Que festaza!!! sí señor, a golpe de domingo...
Gracias por todo Trasnos!!! e ata Sempre!!!
(proximamente más fotos do evento)

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre na Despedida do Trasno.

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, con Roi ó baixo como invitado...






Solo unha banda de Rhythm'n'blues




Despedida do TRASNO

Aquí ván uns videos da superbanda que actuou na despedida do trasno o pasado domingo,nas súas propias verbas, unha banda aínda sen nome, polo momento son só unha banda de rhythm'n'blues, unha superbanda formada por integrantes de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, The Blows e The Phantom Keys, todo un luxo, non vos matedes moito que case non se vé nada, pero aínda se pode escoitar...