viernes, 19 de marzo de 2010

Vistel Brothers Jazz Five Workshop!!!

Xa estades máis q avisados, pero por si acaso...
Concerto de Paco Charlín no Continental cunha banda de luxo:
VISTEL BROTHERS JAZZ FIVE WORKSHOP
Domingo 21 de Marzo 23:00h.
CAFÉ CONTINENTAL

Jorge Vistel: trompeta
Maikel Vistel: saxo tenor
Virxilio da Silva: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Juanma Barroso: batería

jueves, 18 de marzo de 2010

O clásico da semana: "The Modern Dance" de Pere Ubu

O clásico desta semana non podía ser outro que o debut de Pere Ubu, seguinte proxecto experimental de David Thomas con varios dos seus compañeiros en Rocket from the Tombs, nun ano, 1978 no que tamén vería a luz "Dub Housing", pero este moito máis conceptual, no q a danza moderna representa a decadencia dunha sociedade cambiante no q ó individuo non pode senón tentar seguir ó ritmo desa danza macabra e artificial...

PERE UBU
"The Modern Dance"
(Fontana/Cooking Vynil 1978)


descargádeo no blog RadFriends:

O álbum da semana "Long Live Père Ubu" dos PERE UBU

Hoxe traiovos o gustazo do novo traballo dunha das miñas bandas favoritas, unha das máis transgresoras e peculiares da historia, e que máis de 30 despois por fin realizan un homenaxe directo á obra de Alfred Jarry da que David Thomas se serviu para dar nome á súa nova banda tras disolver ós seminais Rocket from the Tombs, Pere Ubu, o Pai Ubu, ou Ubu Roi, tomado da obra teatral de Jarry de 1896 "Bring me the Head of Ubu Roi", que era unha sátira do Macbeth de Shakespeare no que o despotismo ilustrado era levado ó delirio das máns da escola da patafísica... Pois agora David Thomas atreveuse por fín a compoñer unha ópera rock sobre o seu álter-ego punk decimonónico, que xa foi representada en teatro e radio no 2008 coa colaboración da compañía de Sarah Jane Morris, e a finais do 2009 editada por fin a producción en audio coa súa metralla adiovisual...

PERE UBU
"Long Live Père Ubu"
(Cookong Vynil 2009 - PIAS 2010)


descargádeo no blog Lo de Pituco:


Un Mar de Pedra

Un Mar de Pedra de Arrediola Films.

Un mar de Pedra - Documental sobre Manolo Paz - Teaser03 from unmardepedra on Vimeo.

miércoles, 17 de marzo de 2010

YLT

Fantástico concerto o de onte de Yo La Tengo, só se lles quedou esta atrás...

martes, 16 de marzo de 2010

Yo La Tengo.

Hoxe resulta inevitable, a ver si esta noite sae tan ben coma promete... ou mellor...

lunes, 15 de marzo de 2010

Augusto Chaves "Anatomia de la Noche"


Novo poemario de
Augusto Chaves: "Anatomia de la Noche"
[autoeditado/Lulu.com, 2010]

*foto de J.L.Oubiña

jueves, 11 de marzo de 2010

O Clásico da semana "I Got a Baaad Feelin' about this" dos Blacktop

Esta semana preséntovos ó clásico máis recente de tódo-los q vos teño traído, pero é q tras varios días q me teñen preguntado por Mick Collins, sempre me decían que os traballos de Blacktop eran dos máis difíciles de atopar... Blacktop e unha desas múltiples bandas peralelas do sr Mick Collins como The Dirtbombs, The Gories, Voltaire Brothers, The Screws, U-Boats, The Floor Tasters, ou Man Ray Man Ray, e as súas numerosas colaboracións con xente coma King Khan, Andre Williams, The King Sound Quartet e por suposto como productor e mecenas de infidade de novos valores... (unha semana destas a adicaremos ó mestre Collins) o auténtico rei do sonido de Detroit... Pois aquí tedes as grabacións completas de Blacktop, a síntese perfecta entre blues cavernícola dos Gories e a evolución rítmica previa a The Dirtbombs. Aquí tedes ese incunable:

BLACKTOP
"I Got a Baaad feeling about this.
The complete Recordings"
(In the Red Records, 2003)


descargádeo no blog PowerPopOverdose:

The Staggers promo

E aquí tedes a promo do seu novo álbum "Zombie Love"...

The Staggers "No Como Tú"

E seguimos cos Incredible Staggers, mentras esperamos q chegue o seu novo álbum (creo q en abril), este é un 7'' do 2008 (o do ano pasado inclúe 'Go Go Gorilla'!!!) titulado "No Como Tú", que inclúe dous temazos, o primeiro en castelán e na cara b a versión do 'Hey Hey' dos Sound Barriers...
THE INCREDIBLE STAGGERS
"No Como tú"
(Hey Girl Records 2008)
descargádeo no blog Nosotros somos los Muertos:

The Staggers

miércoles, 10 de marzo de 2010

O álbum da semana "Teenage Trash Insanity" dos The Staggers

O álbum desta semana é o único largo polo momento de unha das mellores bandas de garage dos últimos anos, son os austríacos The Incredible Staggers (ou The Staggers a secas), que logo de varios eps, 7'' i splits compartidos lanzaron no 2006 esta xoia de revivalismo salvaxe...

THE INCREDIBLE STAGGERS
"Teenage Trash Insanity"
(Soundflat/Wohnzimmer, 2006)


Descargádeo no blog Botox Populi:

martes, 9 de marzo de 2010

Los Justicieros en El Sótano de RNE3

Onte (Luns 8 de marzo) no programa El Sótano de RNE3 presentáronnos o novo álbum de LOS JUSTICIEROS "Los Justicieros contra la Araña Blanca" [Freeky Dicky, 2010] que tamén vos presentaremos no próximo Despregable (q sairá este mes...). No programa tamén nos presenta o novo traballo dos Dustaphonics e un homenaxe a Syd Barrett no 30 aniversario do seu primeiro álbum en solitario.

Aquí o tedes:



lunes, 8 de marzo de 2010

Yo La Tengo VS Rex Garvin: "Emulsified"

Aquí tedes o tema orixinal, de Rex Garvin, logo de tocar nos 50's con The Hearts, a comezos dos 60's forma a súa propia banda, REX GARVIN & THE MIGHTY CRAVERS, que en 1961 publican o seu primeiro single "Go Little Willie / Emulsified" (1961):

e aquí tedes a versión de YO LA TENGO, do álbum "Fakebook" (1990):

domingo, 7 de marzo de 2010

Paco Charlín en concerto

Nova data para ver a Paco Charlín cunha banda de luxo:
VISTEL BROTHERS JAZZ FIVE WORKSHOP
Domingo 21 de Marzo 23:00h.
CAFÉ CONTINENTAL

Jorge Vistel: trompeta
Maikel Vistel: saxo tenor
Virxilio da Silva: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Juanma Barroso: batería

Aquí tedes en acción ós cubanos irmáns Vistel:

jueves, 4 de marzo de 2010

The Paragons VS The Cynics: "Abba"

The Paragons (1967) 45'' "Abba":
*se non vos queredes deixar levar polo montaxe aquí tedes só o audio.

The Cynics (1994) Album "Get our Way"
*o mesmo, si qeredes só o audio o tedes aquí.

O Clásico da semana "Soul Fever" de Marie Queenie Lions

O clásico desta semana é unha desas xoias do soul e do funk de Louisiana nunca suficientemente recoñecidas, que no 2008 recuperou Vampisoul.

MARIE QUEENIE LYONS
"Soul Fever"
(King Records, 1970)


descargádeo no blog Wateke Salvaje!:

Inclúe unha versión de 'Fever' q non vos deberiades perder, pero non se pode insertar, así q aquí tedes o enlace:

e outro audio...

miércoles, 3 de marzo de 2010

O álbum da semana "Meaningless Friendly" de So Cow

O álbum desta semana é o segundo traballo do irlandés Brian Kelly, agora en solitario baixo o seudónimo de So Cow no que vai polo seu segundo traballo, e sen dúbida un dos mellores álbumes do que vai deste ano

SO COW
"Meaningless Friendly"
[Tic Tac Totally, 2010]


descargádeo no blog Persona Non Grata: