jueves, 9 de septiembre de 2010

AVISO IMPORTANTE:
MAÑÁN VENRES 10 de Setembro 
NON ABRIREMOS.
Pero o SÁBADO 11 XA ESTAREMOS DE VOLTA co horario habitual.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Thunder Express "Republic Disgrace"

Bueno, e para que comparedes aquí tedes o último álbum de Thunder Express, banda de Robert Dahlqvist (ex-guitarrista dos Hellacopters), pero que xa tiña como proxecto paralelo antes da súa disolución xunto con membros de Death Breath ou Diamond Dogs. Este é o seu 2º álbum, do 2007, bastante máis evolucionado que o primeiro de 2004, "We Play for Pleasure" q non ofrecía máis q segui-la línea dos Hellacopters pero cos seus propios temas. En "Republic Disgrace" abandona o hi-energy e volve ó blues. Logo deste álbum mudou o nome polo de Dundertåget (que é algo así como traducir Thunder Express ó sueco), pero para ese proxecto, co que xa publicou dous álbumes ("Skaffa ny Frisyr" no 2008 e "Dom Feta Aren är Förbi" neste mesmo 2010) parece que abandonou o pouco nervio que lle quedaba e xa é bastante menos interesante, converténdose nunha pastelada total...
THUNDER EXPRESS
"Republic Disgrace"
(Razzi Recs, 2007)


descargádeo no blog El Valle del Muerto 1945.
*[no enlace tedes os 2 álbumes de Thunder Express, enlaces e password]

Imperial State Electric (s/t)

Das cinzas dos Hellacopters, logo dos Thunder Express do guitarrista Robert Dahlqvist, chega o turno do vocalista Nicke Andersson, co que ía ser un proxecto unipersonal, que rematou converténdose nunha nova banda: IMPERIAL STATE ELECTRIC. Coas mesmas influencias de sempre, Stooges, MC5, Hanoi Rocks e cada vez máis o power pop setentero de Crabby Appleton, e os mesmos defectos de sempre, que son que o formato álbum a esta xente sempre se lles fai demasiado grande. Aínda así aquí tedes un bo puñado de temas:
IMPERIAL STATE ELECTRIC
"Imperial State Electric"
(Psychout Recs, 2010)


descargádeo no blog Hey Ho Let's Go!:

viernes, 3 de septiembre de 2010

miércoles, 1 de septiembre de 2010

The Titty Twister Orchestra "Gorf Pow Bang Tump!"

O álbum desta semana é un dos máis festeiros q atopei últimamente. THE TITTY TWISTER ORCHESTRA é unha banda italiana, composta por membros de recoñecidas bandas como os Hermits e os Morticia's Lovers, e os Kim's Teddy Bear (q eu non coñecía), así ata completar unha auténtica orquesta de 10 membros para montar  unhas festazas tremendas de frat rock, twist e rock'n'roll'n'roll'roll en estado puro, algo así como Las Vegas Grind no s.XXI, ademáis de acompañalos en directo coas súas go-gós, as Guai Girls. Este é o seu terceiro álbum, e esperemos q haxa moitos máis destes investigadores da festa!!!
THE TITTY TWISTER ORCHESTRA
"Gorf Pow Bang Tump!"
(Sound Flat Recs, 2010)



*na mesma entrada tedes os seus 3 álbumes.


lunes, 30 de agosto de 2010

Munstapha goes to Africa. [descarga sesión]

Aquí tedes unha selección da sesión africana de Munstapha do pasado Venres, todo mesturada nun só corte. A ver que vos parece...
Munstapha goes to Africa


viernes, 27 de agosto de 2010

Hoxe MUNSTAPHA GOES TO AFRICA

Este Venres 27 unha sesión adicada ós sons africanos.
Un Homenaxe a Fela Kuti e ó seu universo sonico, un repaso ó auténtico afrobeat, ós sonidos máis agresivos do funk nixeriano, á elegancia etíope e ó apropiacionismo garabe beat a ritmo de voodoo...
MUNSTAPHA GOES TO AFRICA
Fela Kuti Intermitente Session!!!
Primitive Garage, Nigger Funk, Afrobeat & Voodoo Rhythm.


jueves, 26 de agosto de 2010

Munstapha goes to Africa. Fela Kuti en concerto

E aquí tedes unha hora de Fela Kuti en directo!!!

Munstapha goes to Africa. Fela Kuti

E por suposto FELA KUTI!!!



Munstapha goes to Africa

Munstapha goes to Africa

Munstapha goes to Africa

Imos quentando motores para a sesión de mañan venres, unha sesión intermitente adicada a Fela Kuti e á máis rabiosa música africana...

The Wedding Present "Saturnalia"

O clásico desta semana é unha desas xoias recentes q alumbraron os anos 90s. The Wedding Present é unha desas bandas británicas que nunca serán o suficientemente recoñecidas. Pertence á xeración do C-86 (unha k7 que publicou o NME en 1986 e incluía novas bandas, entre as que se atopaban os nosos protagonistas, The Pastels ou Primal Scream). The Wedding Present sempre foron o equilibrio perfecto entre The Fall e The Smiths (de quen John Peel os proclamou herdeiros directos), e tamén dos seus veciños de Leeds, Gang of Four. O seu primeiro álbum, o aclamado "George Best" (homenaxe ó futbolista norirlandés) plasmaba ese equilibrio que que se facturaba nun son peculiar, do que tóda-las bandas que se din indies 'copiaron' nos anos 90. Entre este momento e o álbum "Saturnalia" pasaron media ducia de álbumes, e decenas de singles e eps, nos que David Gedge continuou a forxar o seu particular son de tormentas de guitarras, con certos arrebatos punk, melodías case perfectas cantadas cunha voz case indescifrable... moitos 'cases' para moitas cancións case perfectas. Durante moitos anos "Saturnalia" foi o seu álbum de despedida. David Gedge aparcou The Wedding Present, para adicarse ós seus delirios orquestais coa súa outra banda, Cinerama, pero xa saberedes que dende 2004 The Wedding Present están de volta e moi en forma. "Saturnalia" é un discazo que mostra tóda-las súas facetas, o pop preciosista, a furia do noise, a agresividade do punk ou o máximo autocontrol. Todo o que podedes atopar nun mesmo tema, como 'Venus', a tremenda 'Real Things' ou '2, 3, Go!'. 
Un discazo q sempre vale a pena recuperar!!!


THE WEDDING PRESENT
"Saturnalia"
(WEA/Cooking Vinyl, 1996)



San Roque Rock en Portonovo.

Festival San Roque Rock
Sábado 28 - 22:00h.
Parque do Espiñeiro - Portonovo
- SNATCH
- VINDALOO ROCKETS
- THE PHANTOM KEYS
- LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE