lunes, 11 de octubre de 2010

Liga de Bocazas dos Venres no Rif - Xornada 2



Puntuación XORNADA 2:
1º Dende Rusia con Amor: 151,40
2º Xuventude Tragove: 145,80
3º La Serna 90 : 144,40
4º Muñequita Linda: 130,40
5º San Fransisco: 123,80
6º Atutichurrasco: 122,60
7º C.B. Chacarita: 110,60
8º Casquetes polares: 109,80
9º A Ramallosa: 108,20
10º C.B. San Tomé do Mar: 108,00
11º Cambadinos: 104,20
12º Katiuskas  Jatofe: 92,40
13º Smashing patakas: 89,20
14º Mamados United: 84,60
15º  Magic P: 84,40
16º Xeitosos: 82,20
17º Esquivabalas Team: 81,80
18º Chejar e Encher: 81,40
19º Monhes: 80,60
20º Aivaio2: 68,00

Clasificación Xeral:
1º Xuventude Tragove: 309,20
2º La Serna 90: 266,40
3º Casquetes polares: 265,40
4º Magic p: 257,80
5º Atutichurrasco: 251,40
6º San fransisco: 239,20
7º Dende Rusia con amor: 230,80
8º Chejar e Encher: 225,00
9º Muñequita Linda: 223,20
10º Monhes: 207,80
11º C.B. San Tomé do Mar: 206,20
12º Cambaditos: 203,60
13º Esquivabalas team: 200,20
14º C.B. Chacarita: 192,60
15º Aivaio2: 168,60
16º Smashing patakas: 168,20
17º Mamados United: 148,60
18º Xeitosos: 141,80
19º A Ramallosa: 108,20
20º Katiuskas: 92,40

viernes, 8 de octubre de 2010

Sábado 9: MR. CALAMBRES!!!

Este Sábado 9 unha nova sesión cavernícola de
MR. CALAMBRES
Electrifying Cacatone Session!!!

Este Sábado Mr Calambres

Preparádevos para a sesión de este sábado 9 no Rif-Rock... rock'n'roll con 
Mr. Calambres!!!
Para quentar motores aquí vos deixo unha selección daquela súa primeira aparición en Europa, por suposto tamén na nosa cabina, co seu rock'n'roll cavernícola. 
Aquí a entrada na que subimos aquela sesión.
E aquí o enlace megaupload para descargala.
Foi en Xullo do 2008. 
Do you remember???

jueves, 7 de octubre de 2010

The Woggles Vs. RifRocKerZ

Ó mellor algún día, seguramente a altas horas, contaremos a verdadeira historia desta viaxe e deste concerto!!! 
Xa hai anos... THE WOGGLES VS RIFROCKERZ!!!








The Woggles "Ragged but Right"

Se excluímos a tódo-los clásicos do movimento de revival da década dos 80, The Woggles serían posiblemente os máis grandes do xénero. A banda formouse aínda nos anos 80, en Athens, Georgia, en 1987, pero comezan a súa producción en 1990 da man de Zontar Records con varios 7'', ata que en 1993 Estrus publica o seu primeiro álbum "Teendanceparty". Dende os seus comezos amosaron a súa paixon polos sixties e sempre se caracterizaron pola  súa peculiar mestura de garage rockabilly e blues, que pouco a pouco fóronse incorporando o o surf e o beat. Este "Ragged but Right" é o séptimo álbum da súa carreira, de dez en total ata o "Tempo Tantrum" do ano pasado, no que é un dos seus mellores álbumes nunha carreira que nos seus máis de 20 anos sempre mantiveron un nivel envexable. Asi que preparádevos... 

THE WOGGLES
"Ragged but Right"
(Telstar Recs, 2003)


miércoles, 6 de octubre de 2010

KNIGHTS OF FUZZ. The Garage and Psychedelic Music Explosion 1980-1995

Agora imos cun libro que é moito máis que iso. Knights of Fuzz é un catálogo que recolle todo o máis salientable da explosicón de revival do garage e da psychodelia dende os anos 80. Pero este Knights of Fuzz non é máis que unha edición máis do proxecto posto en marcha por Garaga Nation e Purple Cactus Media Productions para investigar todo ese fenómeno. O primeiro dos seus traballos foi "Echoes in Time" de Timothy Gassen en 1990, que foi a primeiro volumen moderno que catalogaba o movimento garage-psych na década dos 80's. O proxecto enciclopédico foi crecendo, i en 1995 renovouse cun novo volumen actualizado ata a súa data, renombrado esta vez xa como KNIGHTS OF FUZZ. The Garage and Psychedelic Music Explosion, 1980-1995, tamén de Timothy Gassen. Un volume de máis de 300 páxinas, no que están recollidas as principais bandas do xénero con toda a súa discografía ata a data, albumes recopilatorios, fanzines, etc... O proxecto seguiu medrando e xa no século XXI veu á luz a modo de documental en dvd, co mesmo nome, incluíndo ademáis do documental 20 video clips, entrevistas, etc... e na actualidade continúan publicando álbumes de homenaxe a moitas desas figuras. Seguide a súa actividade no myspace de Knights of Fuzz. 
Aquí vos deixo a edición de 1996 de Timothy Gassen, a auténtica enciclopedia do revival garage psych, o volume completo con máis de 300 páxinas:

KNIGHTS OF FUZZ
The Garage and Psychedelic Music Explosion 1980-1995
(Timothy Gassen 1996 - Borderlin Productions)


Knights of Fuzz. Videos

Aquí tedes un par de clips contidos na edición en dvd do Knights of Fuzz:



Selvagens Vol.3 Obscure Brazilian 60's Garage Beat & Punk Groups

E aquí o terceiro volume:

V.A. SELVAGENS
Vol.3: Obscure Brazilian 60's Garage Beat & Punk Groups
(Teen Trash/Lixo Jovem 2009)

descargádeo no blog Lixo Jovem:

Selvagens Vol.2 60's Raw Surf & Wild Instro From Brazil

O 2º volume máis do mesmo, o título xa o dí todo:

V.A. SELVAGENS
Vol.2: 60's Raw Surf & Wild Instro From Brazil
(Teen Trash/Lixo Jovem 2009)

descargádeo no blog Lixo Jovem:

Selvagens Vol.1 Brazilian 60's Punk Artyfacts

E despois do novo dos Haxixins hoxe imos ós auténticos sixties brazileiros coa colección SELVAGENS, que chegou da man de Teen Trash e Lixo Jovem no 2009, que continúa o camiño da colección 'Brazilian Nuggets' pero oafrecéndonos bandas moito menos coñecidas, directamente influenciadas polas British Invasion que asolou o mundo, co que garantizan moito beat rhythm'n'blues e auténticos cañonazos de garage psych. (aquí escoitaron moito ós Music Machine). Neste Volumen 1 (titulado  "Brazilian 60's Punk Artyfacts") Atopamos bandas coma os máis coñecidos Os Increiveis, Beatniks, Os Boabas ou Os Jovens, con certa repercusión, e dos que hai documentos televisivos, e outros esquecidos que non deixaran de sorprendervos coma Os Aranhas, Os Metralhas, Os Boabas, Os Brasas, Os Analfabitles ou Os Canibais. Unha xoia.

V.A. SELVAGENS
Vol.1: Brazilian 60's Punk Artyfacts
(Teen Trash/Lixo Jovem 2009)

descargádeo no blog Lixo Jovem:

martes, 5 de octubre de 2010

Os Haxixins "Debaixo das Pedras"

Hai xa tempo que neste blog vos presentamos a Os Haxixins (ver entrada) así que imos aforrar espacio. Agora chegan co seu segundo Lp, que están presentando por Europa, onte mesmo en Ferrol. Non vos perdades este "Debaixo das Pedras" que ten todo o que os fixo destacar con aquel álbum homónimo do 2007, pero aínda mellor ensamblado. Organos Diatron e Farfisa, enfrontados tremendo Fuzz dos Haxixins nesta locura psychodelica brazileira.


OS HAXIXINS
"Debaixo das Pedras"
(Groovie Recs, 2010)


descargádeo no blog Nosotros Somos Los Muertos:

Este Sábado MR. CALAMBRES

domingo, 3 de octubre de 2010

"Un Mar de Pedra" estrearase en Cambados

Por fin poderemos ver o documental Un Mar de Pedra en Cambados, o documental de Manu Paz e Jacobo Sanmartin sobre o escultor Manolo Paz. Hoxe aparece a nova en La Voz de Galicia, de que chegaron a un acordo co concello de Cambados para estrealo por fin na nosa vila (será a finais deste mes) e facer unha tirada promocional do mesmo.
Sen dúbida unha boa nova. Xa era hora!!! Noraboa Manu...



Basket 4x4 do CB Santomé


Este Sábado 9 de Outubro, unha nova edición do torneo de 
Basket 4x4 
que organiza o CB San Tomé
Este ano será no pabillón do Pombal dende as 16:00h.
As inscripcións en Citröen Portas e Hijos (5€/xogador)
Equipos limitados, así q non o deixedes para o último día!!!

viernes, 1 de octubre de 2010

Sábado 2: KURCO SoundSystem Returns!!!

Nova tempada RifRocKerZ


Mañan comeza outubro, e coma sempre comezamos a nosa nova tempada 2010-2011, coma sempre con novos colaboradores do DjSet, máis música en directo e sempre algunha frikallada máis!!!
partiallnite!!!