miércoles, 16 de enero de 2013

descarga GZ Canibal 2012!!

E aquí está unha vez máis a nosa selección do GZ Canibal de cada ano!! 
Escollida e mesturada a golpes por Kurco e Munstaphá. A ver se vos gusta...

Munstaphá Vs.Kurco "GZ Canibal (singles2012)"
[sesión Rif-Rock 12 xaneiro 2013]
faite con GZ Canibal 2012!!


* [Atoparedes os anteriores volumes de Singles2012 nesta entrada, e todo o material, listas e demáis paridas de resumo do ano na etiqueta Singles2012].


descarga Singles2012 (por Kurco e Munstapha)

Aquí tedes a nosa gran selección do 2012, todo saído da sesión do sábado pasado, toda unha noite pelexando coas nosas listas. Neste ano non nos imos complicar subindo unha chea de seleccións distintas, senón que vai todo mesturado conxuntamente por Kurco e Munstaphá (iso sí, o especial GZ Canibal vai aparte). Aquí tedes dous volumes de 20 temas cada un, o primeiro máis rock, garage, blues, folk, etc, e o segundo moito máis pop, pero tampouco vos confiedes moito. A ver se vos gustan...

KURCO VS. MUNSTAPHA "Singles2012"
[sesión Rif-Rock 12 xaneiro 2013]
faite con Singles2012: Volumen#1 e Volumen#2.



martes, 15 de enero de 2013

16 febr: Muerte por Cowbell en concerto!!

Aínda que moitos seguro que xa o tiñades por imposible... por fin temos data para o concerto dos MUERTE POR COWBELL!!! e o seu tributo a Frank Zappa. Será o sábado 16 de febreiro deste 2013. Xa vos daremos máis información nas próximas semanas... pero xa estades avisados.


Los Thyssen

Los Thyssen son de O Grobe e moitos seguro que xa os coñecedes pola súa participación no Galician Bizarre II do 2012. Agora anunciannos a inminente saída do seu primeiro traballo Los Thyssen EP nun 7'' autoeditado, e que xa está dispoñible no seu bandcamp para descargar de balde. 
Difundídeo, e ide pensando en reserva-lo voso exemplar.




Ven 18: Dizzy Gillespie e bebop

O pasado día 6 de xaneiro cumpríanse 20 anos do pasamento do enorme Dizzy Gillespie, e como xa tiñamos outras sesións programadas para esas semanas agardamos ata esta para darlle un pouco máis de protagonismo. 
Será este venres (18 de xaneiro) cunha Sesión Intermitente de Bebop e por suposto moito Dizzy... non volo perdades bopers!!

lunes, 14 de enero de 2013

descarga sesión de Marinocha

Aquí tedes a sesión de Marinocha da Noite de Reis: Always Amazing!! 
Coma sempre a 1ª  sesión do ano na cabina do Rif-Rock, 12 cortes sen pausa...

MARINOCHA"Always Amazing!!"
[sesión Rif-Rock 5 xaneiro 2013]



Kurco Kim Jong & Ecce HoMon

Kurco Kim Jong & Ecce HoMon durante a sesión do sábado... menos poñer discos fixeron case de todo!! Segundo as súas propias declaracións "en realidade non había nin un só disco do 2012 que nos interesara ou interesase..."

*[aínda así nos próximos dias subiremos unhas cantas partes da sesión]


viernes, 11 de enero de 2013

Sáb.15: SINGLES2012!!

Mañan sábado (12 de xaneiro) é o turno de Kurco e Munstaphà na cabina no Rif-Rock para finaliza-lo proceso de restauración do ano que foi: Singles2012. Xa sabedes, coma sempre destripando tódo-los mellores álbumes, singles e bandas do 2012!!! Non vos perdades o show de Ecce(vs)Homo!!!


jueves, 10 de enero de 2013

a camiseta do 2012: No Pasarán!

A mellor camiseta do ano, non foi nesta ocasión para ningún colega do noso entorno, senón para Nadezhda Tolokonnikova das Pussy Riot, cando en xullo recuperou o clásico ¡No Pasarán! por volvernos facer creer...


a mellor colección do 2012... "Woody at 100"

Aínda nos quedaban atrás unhas cantas cousas máis para decidir sobre o mellor do 2012. Camiseta, clip e recopilatorio. Así que ahí vai.
No das compilacións cada un sempre tira por donde máis lle interesa, a aínda que durante gran parte do ano estiven case obsesionado co box de CAN "The Lost Tapes", e tamén nos parece imprescindible o "Listen Whiteys, the sounds of Black Power 1967-74", pero finalmente o noso premio á mellor colección/recopilatorio do ano é unha vez máis para unha edición da ilustre Smithsonian Institution (o ano pasado foi para a súa antoloxía de jazz), a merecida homenaxe a Woody Guthrie no seu centenario:

WOODY GUTHRIE
"Woody at 100. The Woody Guthrie Centennial Collection"
(Smithsonian Folkways, 2012)


Por xustiza histórica, e porqué non, por vinganza. No momento xusto se recuperou a Guthrie e a súa máquina de matar fascistas. Pero no musical resultaba imprescindible un traballo deste tipo, completo e riguroso para poder achegarse dun xeito organizado a un creador tan prolífico e disperso. Atoparedes sobre Guthrie outras compilacións maiores, pero nestes tres discos inclúense 21 temas inéditos, entre elas as primeiras gravacións de 1939 en la radio KFVD, e acompañado dun libro de máis de 150 paxs con fotos, portadas, biografía, discografía e lendas. Poucas veces unha edición deste estilo foi tan necesaria.



(contra)portada: Swans

E a mellor portada/deseño do 2012 (e mira que as había ben chulas) é para.... Swans!!! co seu álbum "The Seer", pero non pola portada, senón pola contraportada. Obra de Simon Henwood. Tremendo.



o clip do 2012: 'Hey Jane' de Spiritualized

O mellor clip do 2012, a anos luz dos seguintes, para o 'Hey Jane' de Spiritualized, dirixido por A.G. Rojas para Jason Pierce. 
A algúns pareceulles mal, ou non o entenderon. Tremendo!!!

miércoles, 9 de enero de 2013

'Atapuerca' de Metralletas Lecheras

Se o ano pasado foi moi difícil escoller o mellor clip do GZ Canibal entre Combo Dinamo e Telephones Rouges, no 2012 o galardón é de largo para os Metralletas Lecheras coa súa revisión de 'Atapuerca'. Aínda que o tema non é novo, posto xa o incluíran no primeiro volume do Galician Bizarre do 2010, neste ano fixeron un video-clip, xa coa nova formación. Seguro que vos lembrades do tema. 
A realización de Magnetova. Boísimo!!

2012 no GZ Canibal. 5 discos

Xa sei que vos prometera publica-la nosa lista do GZ Canibal para o xoves 10, pero como xa está feita ímonos adiantar... 
O 2012 foi outro ano fantástico nesta esquina do mundo, aínda que só sexa no que a música se refire, e se tamén botamos en falla algunha edición máis coa que contabamos, houbo álbumes de tódo-los estilos para quedar ben satisfeitos. 
Desta vez voltamos a deixalo nunha selección de 5 traballos, para que logo non nos acusedes de que tentamos quedar ben con todo dios... Pero sen dúbida se hai algo que todos deberiades ter na casa é o voso exemplar do compilatorio Galician Bizarre II!! imprescindible para comprender este ano que foi, senón é que tedes un problema...

Ben pois ahí vai o noso Top5 de GZ Canibal do 2012:


5. JANE JOYD "Shy little Jane presents: the dramatic Tale of her Animals" (Origami, 2012)
Supoñemos que a estas alturas xa non haberá comparacións posibles con outras cousas que nada teñen que ver co estilo de Jane Joyd, e con este ep conseguiu tamén sacarse a etiqueta do proxecto demo. Son 4 temas elegantes e intensos, cunhas orquestacións envexables que sen embargo non restan protagonismo á súa voz. Solo pola inicial 'The Cage' xa merecería estar aquí. Para nós unha das grandes sorpresas do ano.


4. SRASRSRA"Puchao"
(Discos Humeantes, 2012)
Neste 2012 por fin chegou o debut en largo do dúo coruñés SraSrSra, punk desenfadado, auténticas burradas, escatoloxía e malas compañas. Algúns non lle atopan sentido algún, pero iso é o que pasa cando se perde o sentido do humor e pretenden tomalo todo en serio. E menos mal que están aquí os putos señora para facernos pasar un bó rato. Son 15 temas entre os que se inclúen os das súas maquetas anteriores, e tres máis no bandcamp.


3. TELEPHONES ROUGES "Disenso"
(Mama Vynila / Matapadre, 2012)
Logo do fantástico ep do ano pasado (que tamén estivo no noso top do 2011), a comezos de ano o split compartido con Piñata no que incluían o seu 'Ei Meu', a finais de ano por fin chegou o seu primeiro lp "Disenso", intenso e ruidoso coma sempre e con once temas sen desperdicio, 'impulsos', Cristal', 'Vran' ou 'Aroa' entran fácil, pero se queredes máis emocións ahí tedes 'Descuartizarte' e os dous cortes finais 'Siebenundatchzig' e 'Eine Kugel'. Discazo!!


2. UNICORNIBOT "Dálle"
(Matapadre, 2012)
Os de Pontevedra son a cabeza máis visible do Colectivo Metamovida, e foron unha das sensacións do ano pasado, se o seu debut "Hare Krishna" do 2010 foi todo un pelotazo, o seu retorno con "Dálle" está a recibi-lo recoñecemento de todo dios. Que si math-rock, que si post-hardcore... escoitade de tirón este "Dalle" e deixádevos suxestionar por estes 10 cortes instrumentais con títulos delirantes. E non os perdades en directo. Impresionantes.


1. THE ALLNIGHT WORKERS "Do it Again, please!"
(Grabaciones de Impacto, 2012)
Xa non imos presentar a The Allnight Workers por que sabedes que son unha das nosas bandas favoritas. Directamente xogan noutra liga, pola súa mestura de rhythm'n'blues, jump blues e swing, polo seu talento e por como o fan. Gravado novamente nos estudios Lightning Recorders de Berlín nun proceso 100% analóxico, e logo publicado coma sempre por Grabaciones de Impacto  nunha edición coidada ata o último detalle. Unha auténtica viaxe no tempo. Agardemos que haxa unha terceira!!!



U-los Marinochas?

Como últimamente está tan de moda o de involucrarse en filtracións, roubar documentos, publicalos ou incluso lucrarse co traballo dos demáis, aquí vos deixo un croquis de adianto do que será o ep de debut de U-los Marinochas?!!!

Incrible documento!!! Top Secret.


martes, 8 de enero de 2013

The Melvins "The Bulls & The Bees EP"

Tras unha tempada adicada a outros proxectos Osborne e Crover retomaron  a actividade con The Melvins no pasado 2012, ademáis de varios 7'' a comezos de ano publicaron de balde o seu ep de retorno "The Bulls & The Bees" directamente na web do selo, podedes atopalo na colección de Scion Audio Visual.

THE MELVINS "The Bulls & The Bees EP"
(Scion A/V, 2012)



lunes, 7 de enero de 2013

"Suenan las Alarmas. Detrás de La4Pared" o documental

La4Pared estrearon onte mesmo o mini-documental "Suenan las Alarmas. Detrás de La4Pared" para conmemorar o primeiro ano da banda como tal. Está realizado na súa totalidade por Carla Piñeiro e Irene Ríos. Botádelle un ollo...


este sábado: Singles2012


viernes, 4 de enero de 2013

Sábado 5: Marinocha!!

Esta noite recuperamo-la normalidade de horarios de fin de semana... 
e mañán Sábado 5 de xaneiro, en plena Noite de Reis, a primeira sesión do 2013, que como xa é tradición será Marinocha a encargada de poñer fin a estas semanas de festas e comeza-lo novo ano dende a nosa cabina.
Non vo-lo perdades!!!


'Lonely Boy project' mellor momento Rif-Rock 2012

Pechadas as votacións do mellor momento do 2012 no Rif-Rock, nunca foi tan aplastante a maioría de votos polo mesmo candidato, case por unaniminade!!! O irresistible video para o Lonely Boy Project!! con H.(punto) como protagonista e Denis na producción e dirección, parabéns amigos!!! 
xa podedes pasar a recolle-lo premio!!